leoeosseus

mércores, 12 de maio de 2010

Internacionalizándose



Estamos nun mundo aberto onde van e veñen ideas, costumes e obxectos e así non é de extrañar que aparecesen perto de Vilaguindastre uns zapatos pendurados dun cable da luz.
Xa me extrañara a min cando estaba nos EEUU este costume de pendurar zapatos e máis aínda o seu significado. Uns din que é para indicar un lugar de venda de droga, outros que é o límite das bandas xuvenís, outros que é unha broma antes do matrimonio, outros que é un paso da xuventude á fase adulta... Non se sabe. E agora con estes zapatos non se aclara nada porque aquí fan botellón os rapaces e tamén apareceu morto hai uns anos un alcalde en circunstancias extrañas: estaba dentro do coche cos pantalóns baixados. En fin...

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 22:35, 12/05/10 , Blogger Unknown dixo...

Non sabia que había tantos significados. Lo del alcalde da que pensar...

Bicos

 
Ás 23:11, 12/05/10 , Blogger amauta dixo...

ei si...eu mirei un deses...E o certo é que se vendía drogha agora que o penso :/

 
Ás 08:25, 13/05/10 , Blogger Dilaida dixo...

Vaia, pois mira que ten significados.
Bicos

 
Ás 12:07, 13/05/10 , Anonymous Zeltia dixo...

Tamén eu tiven moita curiosidade no seu día. na praza onde vivía eu antes había uns botins, "all stars" azuis, cos seus cordóns, pendurando no ar. foron virando a negros, a grises, a case brancos polo lado que lle daba o sol. fixéronse invisibeis para os ollos ata que unha mañán, dende o coche, observei un par de botins blancos, vellos, alí, facendo parella.

eu creo que, en tempos e en norteamérica onde naceu ese sinal, lóxicamente tivo que ter un significado; pero despois de tantos anos, eu penso que agora é por mimetismo,
con este campo sen portas a información que é o mundo,
temos coñecementos de tradicións e costumes doutras culturas,
como ese costume de atar cintas amarelas nas árbores:
de ser un sinal de demostrarlle a alguén que é ben querido, que se lle agarda con cariño, pasou a significar a espera do regreso dos soldados da guerra do Golfo, e posteriormente dos que invadiron Irak

 
Ás 20:07, 13/05/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Moito aprendo.

 
Ás 17:10, 14/05/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Pois eu non sei onde vin que era unha especie de expresión artistica....tamén sabia de todos eses significados.Unha moda máis.
O do alcalde sorprendeume.Carambas como as gastan por ahi!
Bicos

 
Ás 23:21, 19/05/10 , Blogger xenevra dixo...

habería que mirar se, malia ter os pantalóns baixados, aínda levaba os zapatos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio