leoeosseus

domingo, 30 de maio de 2010

Tranquilidade na estrada


Gústame a tranquilidade na estrada e procuro ir á miña velocidade e ser respetuoso e non pitar nin mirando carteis como o da foto ( anque sexa tan tentativos ). Tamén me gusta que os demáis vaian con xeito e educadamente así que cando miro que vén un condutor rápido de máis de frente doulle luces como indicando que hai un control cerca. Encántame ver polo retrovisor como encenden as luces de freado !.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 10:18, 31/05/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

qué trampalleiro hihihihi

 
Ás 17:41, 31/05/10 , Blogger xenevra dixo...

Eu tería pitado na gasolineira, creo. Claro que tamén é posíbel, coñecéndome, que non tivese visto o cartel. A min cando me dan as luces sempre respondo por se é algún coñecido (son moi mala para lembrar os coches)

 
Ás 21:54, 31/05/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois que saibades que hai lendas urbanas ceibas por aí,
acerca do que vos pode pasar por dar luces a descoñecidos!!

os carteis das bodas pendurados das pontes agora seica os fan interactivos!, aquíiiii
evolucionar ou morrer!

 
Ás 21:59, 31/05/10 , Blogger Mer dixo...

moi bo o cartel!!

a parte disto, hoxe visítoche por outra causa.

Correde a voz, por favor.

Ao meu cuñado roubáronlle o coche onte pola mañán en Vigo.

BMW 320 - Gris claro

Matrícula: 7365-GBR

Por unha serie de circunstancias, a policía xa sabe quen foi e di que seguramente o colleu para ir a algún sitio en concreto e logo o deixaría aparcado en calqueira lugar.

Se alguén o ve, agradecémoslle se poña en contacto neste mail zenkiulove@gmail.com ou que chame á policía.

 
Ás 23:04, 31/05/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu non tería pitado na gasolineira: máis ben tería feito esforzos por non facer unha barbaridade na gasolineira que me fixese saír na páxina de sucesos.
Como odio estas pancartas!!!
(Síntoo, pero non podo, non podo...)

 
Ás 08:40, 01/06/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

a mín estes carteles parécenme unha "conachada" (palabra ferrolana cen por cen)... desde logo non pitaría.

biquiños

 
Ás 10:54, 01/06/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Concordo con Aldabra, que estes carteis son unha "paxarada", como dicimos na miña casa.
E a ti xa che vale, pillabán! Recoñezo que me fixo moita graza o de dar luces a quen vai demasiado rápido para ver como frean: é xenial!
Ocórreseme algún a quen non lle viría mal que lle deran luces...

 
Ás 12:10, 02/06/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Este comentario foi eliminado polo autor.

 
Ás 12:11, 02/06/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Moi boa idea a túa das luces...
Bicos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio