leoeosseus

martes, 8 de xuño de 2010

O Cristo vello



Teño falado de muita xente pero nunca falei do bautizado como " Cristo vello " pola avoaM.

Nos tempos mozos ía de negro rigoroso con barbas, corpo fraco e uns lentes que tanto podían remedar a Castelao como a John Lennon. O pai preguntáballe cando ía cambiar de cor de roupa e díxolle que cando morrese el e abofé que cumpriu o dito !. Gustáballe a música instrumental e a vida perigosa tantariñando polo gume do mundo da droga anque tiña intelixencia e filosofía propias. Tamén resaltaba polo seu sentido de humor surrealista cando asustaba ás mozas cando llas presentaban ou creaba as súas paranoias. Un día deulle por dicir que era o home invisible e entregouse ao papel. Cruzouse cun home forte que non sabía desas caralladas e chamoulle " gilipollas ".O homón ganchouno polo pescozo e xa lle ía soltar un bo lapote pero o " Cristo vello " insistiu que era o home invisible e que el non podía velo e menos aínda zuscarlle. Ante iso, o cachimán quedou sen recursos, deixouno por tolo e seguiu o seu camiño.

Agora xa perdeu a barba e a cor negra da roupa e pelo pasou a gris pero conserva o seu xeito de pensar e con cincuenta anos ou case mostra a súa disconformidade coa cuñada botándolle a lingua fóra cada vez que se cruzan por Vilaguindastre.

En fin, unha personaxe que pode dar que falar no futuro.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 00:24, 09/06/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que home tan interesante!
Querería saber máis del!

 
Ás 00:30, 09/06/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois, a verdade é que parece un personaxe orixinal.

 
Ás 10:43, 09/06/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Persoeiros así, non sei moi ben porqué, hainos en calquera pobo.
Libres, fracos, tolos, excéntricos,cheos de humor e que se inventan un papel para vivir, pero cunha filosofía que, se cadra, habería que estudar.
Bicos

 
Ás 11:01, 09/06/10 , Blogger Raposo dixo...

Ese interrogante na camiseta é toda unha declaración de intencións!

 
Ás 21:44, 09/06/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois sí que o bautizou ben a avoa M!

 
Ás 10:58, 10/06/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Todo un personaxe, si. Aínda estou por me alegrar de non vvir en Vilaguindastre. Se non me gusta a semana santa é por non ir atopando cristos a cada pouco.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio