leoeosseus

venres, 25 de xuño de 2010

Repitindo o san Xoán


Pasa o tempo e repítense datas e costumes. Como xa puxen o ano pasado as fotos típicas, este ano volvo actualizalas.

Arriba está retratado o palco de festas de Vide, As Neves; onde quedaron " aparcadas " catro cancelas que adquiriron a facultade da mobilidade na noite máxica de san Xoán.

E abaixo poño tres fotos da praza de Barcela, en Arbo, que amenceu transformada nun museo etnográfico pola cantidade de ferrallada amoreada. Había dous carros, varias cancelas, un eixo con dúas rodas, dous arados, dúas grades, un leghón, varias escadas de madeira, un carretillo, outro carriño, outro carriño de caixas ( o " diablo " mexicano ), unha cadeira, ferros varios, unha salgadeira do porco e as actuacións estelares dunha restra de cinco asentos dunha parada de autobuses e unha cabina telefónica que serve de improvisada mesa para unha botella de viño !.
Por esta zona nunca tiveron o costume das cacharelas pero penso que xa lles chega co este de mover cousas do sitio.
E aínda queda a noite de san Pedro !.


Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 25/06/10, 12:47 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Que bo!. Canto traballo.
Jajajajajaja.

 
Ás 25/06/10, 13:26 , Anonymous Anónimo dixo...

Está claro que o traballo con gusto non amola; aínda lembro cando se nos irou o anano do xardín na noite de san Pedro, hai anos

 
Ás 25/06/10, 14:42 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois mira, eu sentira dese costume, desa tradición, pero nunca a vivin... e debe ser emocionante, tanto participar nela de mozos, coma ver os resultados cando un é cativo ou de vello...
(ós donos non lle fará tanta gracia, claro)

¿e sabes tí qué zonas abrangue esa tradición das cousas que se trasladan de sitio "máxicamente" pola noite?
Falades tamén dunha noite de San Pedro... tamén ten connotacións de espíritus brincadeiros?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio