leoeosseus

mércores, 2 de xuño de 2010

Vences


Hai un compañeiro novo que me lembra a esta personaxe do Quixote que é Cardenio pero que tamén me lembra un antigo compañeiro de hai muitos anos. A aquel compañeiro chamábamoslle Vences que vén de Wenceslao e era un home faladeiro, de sorriso eterno e con algunha curiosidade. Tocounos traballar xuntos de turno de noite unha tempada e el mandáballe unha sopa de cabalo cansado ás dúas da mañá e deitábase no banco uns quince minutos. Outras veces contaba a súa vida embarcado ou nas Canarias ou as diferenzas do falar da Guarda con Vilaguindastre pero a historia que máis me prestou foi de como casou. El estaba mirando un vídeo da voda dun primo ( xa sabemos o divertidos que son ) e, de súpeto, espertou e fixouse nunha moza. Preguntoulle ao curmán quen era e díxolle que era a súa cuñada, a irmá da súa dona. Vences quedou prendado e díxolle que a quería coñecer. O primo presentoulla e en menos dun ano xa estaban casados.
A min pareceume unha historia incrible naqueles tempos que non había interrede nin nada. O que pasa na rede agora fai deste acontecido unha anécdota sen maior importancia.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 23:56, 02/06/10 , Blogger Mer dixo...

Pois é unha historia ben fermosa, moito mellor que as da rede, por ser precisamente menos cotiá.

 
Ás 23:04, 03/06/10 , Anonymous paidovento dixo...

A anécdota é ben simpática, coma case todas as que contas. Que ben o van pasar os teus netos cando sexas avó!

 
Ás 18:30, 04/06/10 , Blogger Mer dixo...

O coche do meu cuñado apareceu intacto aparcado nunha rúa de Vigo.

 
Ás 19:10, 04/06/10 , Anonymous Anónimo dixo...

É unha historia digna dun relato de Cunqueiro (aínda con vídeo e todo); a cuestión é se seguiron casados e comeron perdices ou non.

 
Ás 13:39, 05/06/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Unha historia de película. Din que a realidade supera á fantasía. E non me parece, como di Kaplan, que o importante sexa se seguen xuntos ou non; a parte máis bonita en calquera caso é a que viviron.

 
Ás 13:43, 05/06/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Esquecíame felicitarte pola aparición do coche, Mer.

:-)

 
Ás 12:53, 06/06/10 , Anonymous peke dixo...

Felicidades a Mer polo do coche.
A anécdota é ben chula, coma sempre.

 
Ás 18:05, 08/06/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

eso sí que é ter ollo.
bicos,

 
Ás 02:47, 10/06/10 , Blogger An dixo...

É curioso o feixe de anécdotas que amontoamos na nosa vida...sabías que unha vez choiando nas Fontiñas, topei cun rapaz que nacera o mesmo dia ca min, o mesmo ano, a mesma hora (minuto arriba ou abaixo) e se chamaba coma min agás o segundo apelido...o mundo esta cheo de cousas curiosas. Saúdos e apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio