leoeosseus

martes, 31 de agosto de 2010

Operación retorno


Rematan as vacacións para muitos ( eu tívenas en abril ) e toca volver á rotina. Os que non volven á rotina son os da furgoneta da foto que están na súa volta polo mundo e empezan " modestamente " en Europa cunha camiñada de tres a catro anos de duración. Resultoume curioso topalos no meu bairro obreiro de Vilaguindastre supoño que perdidos na súa andaina ou bébedos a pesar da proibición que teñen no seu regulamento de beber alcol antas das seis da tarde.
Se queres ver vídeos deles aquí podes consultalos. E que conste que lles teño algo de envexa.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 01/09/10, 00:18 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A iniciativa é caralluda.
Claro que eu, sendo de Antas, non daría aturado sen alcol antes das seis...ou das cinco...jajaja

 
Ás 01/09/10, 01:16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Non teñas envexa home, iso deles xa é demais...
lembra o gustiño co que se chega á casa despois de estar uns dias fóra... pois imaxina éstes...

:)

 
Ás 01/09/10, 11:30 , Anonymous Anónimo dixo...

De xente que é capaz de escribir sen erros o texto da furgona non hai que esperar menos que unha volta ao mundo (ou dúas)

 
Ás 01/09/10, 15:13 , Blogger Mer dixo...

non coñecía eu esta iniciativa, que boa, envexa me dan... eu sigo de vacacións dende os 3 meses de embarazo e Laura xa tén 8 meses, así que bótalle a conta
bicos

 
Ás 01/09/10, 16:13 , Blogger Bolboreteira dixo...

Pois a min tamén envexa, xa me podía levar con eles!
Bicos!

 
Ás 02/09/10, 05:52 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Eu case coma Zeltia, co ben que unha se sinte ao voltar á casa despois duns días de ausencia!
Será que me vou facendo maior!

Saudiños

 
Ás 02/09/10, 23:05 , Blogger Unknown dixo...

Non sei ni quen son, voume a pasar polo link...

Eu son mais de uns dias fora, e cando chego a casa añoro todo.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio