leoeosseus

martes, 16 de novembro de 2010

Chocolatina Leo


Esta quincena traballo de tarde e estou pouco tempo co Leo e chego case a esquecer o faladeiro e simpático que é. O outro día foi a un circo e explicou o que había. Explicouno tan ben que a bisavoa Celia dicía que xa valía para falar na televisión. Fíxome gracia cando falou dun funambulista que ía en bicicleta por unha corda no teito. Eu díxenlle a Leo: " E ese home non tiña medo de cair ? " e o Leo dixo todo cheo: " Tiña medo que tapou os ollos cunha venda ".
Na foto sae retratada unha chocolatina co nome Leo que non é invento meu. Será polo dóce ?.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 16/11/10, 08:23 , Blogger Dilaida dixo...

Sería unha reacción normal, aínda Leo non sabe que segundo imos medrando, imos complicando máis as cousas e tapamos os ollos cando deberiamos telos ben abertos.
Bicos

 
Ás 16/11/10, 13:48 , Blogger Bolboreteira dixo...

Eu pampo con estas cousas dos rapaces...ven un mundo maravilloso.
Bicos!

 
Ás 16/11/10, 17:54 , Blogger Paz Zeltia dixo...

dios, hai que andar cun coidado hoxe... están os chans esvaradizos polos blogues... todos cheíños de babas...
:D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D
todoes eses sorrisos son para o Leo, eh!!

 
Ás 16/11/10, 19:52 , Blogger Alís dixo...

Pois non pensara niso, pero non deixa de ter razón o Leo. Os nenos, cando algo lles da medo, tapan os ollos para non velo. E si non o ven, non está.
Pode ser que os funambulistas non tapen os ollos para dar emoción ó seu espectáculo, senon para non ver a altura. Convenceume.

Bicos para os dous

 
Ás 16/11/10, 20:59 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teñen unha lóxica que arrasa pola súa simpleza e contundencia.
Apertas

 
Ás 16/11/10, 22:03 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa nos gustaría ter a lóxica deles e a súa simplicidade. Para nós xa están vedadas.

 
Ás 16/11/10, 23:07 , Blogger busto.agolada dixo...

Mil hurras para o Leo polas súas ocorrencias e a simpatía que emana. Aproveitade, que esta idade é irrepetible: todo tenrura e orixinalidade.
Moitas apertas

 
Ás 17/11/10, 14:50 , Blogger Concha L. F. dixo...

As crianzas dannos sorpresas coma esta que describes: con catro palabras expresan todo un mundo!

Saúdos.

 
Ás 17/11/10, 16:23 , Blogger matrioska_verde dixo...

Esta frase deberías mandala para o programa “El hormiguero”, no que están recopilando frases divertidas de rapazolos pequenos, porque a do teu Leo non ten desperdicio. Ten moita lóxica, ademáis… je je je.
Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio