leoeosseus

luns, 22 de novembro de 2010

Deberes para o Leo


Estamos todos na rutina do traballo e estudios e o Leo non ía ser menos. Agora mándanlle do cole todas as semanas un conto para casa. Temos que lerllo e logo el ten que escribir o título, a data e debuxar algo relacionado ( como a pata do lobo asomando por debaixo da porta ). O Leo prospera bastante para o meu entender e coñece todas as letras e le sílabas sinxelas. Escribir é máis difícil e así o " s " faino sinuoso de máis e escribe algunhas letras para o lado contrario ( non sei se será por ser zurdo ).
Pero, bueno, ninguén aprendeu a ler e escribir nun día.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 23:20, 22/11/10 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Ben por Leo!
Un dia contereille un conto, sí señor.
Un conto dun can, moi fiel.

 
Ás 23:42, 22/11/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Vaia, xa temos ó Leo facendo deberes!!!!

e tí non queiras ir tan rápido que ainda non lle é tempo de saber ler!

 
Ás 08:52, 23/11/10 , Blogger Dilaida dixo...

Vaia, xa ten responsabilidades Leo, esta sociedade non perdoa.Un biquiño para Leo por ese debuxo tan bonito.
Bicos

 
Ás 14:36, 23/11/10 , Anonymous DESDE A GAIOLA dixo...

Mellor que vaia aos pouquiños. Os trazos están moi ben e o dbuxo é moi simbólico...

Parabéns a Leo polos seus avances. E paciencia para o papá e a mamá.

 
Ás 16:48, 23/11/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

Encántame o dibuxo, moi divertido o que sae o entra por baixo da porta porque para mín que eses puntito que se ven son os sete cabritos.

Respecto do fotógrafo Virxilio, chámame a atención (sempre o fixo) a costume de enviar retratos dos mortos ós familiares emigrados, o feito paréceme o algo retorcido si o penso desde a miña perspectiva de agora porque é verdade que a morte, antes, e agora nos pobos, víase como algo normal, aceptábase con naturalidade, non se lle tiña medo. Biquiños.

 
Ás 13:13, 24/11/10 , Anonymous FERNANDO SANCHO dixo...

Boa idea que os nenos lean e segundo o que entendan, desenvolvan a súa creatividade, paréceme fantástico. Gústame o debuxo, e chámame a atención como quixo pintar o que se cola por debaixo da porta.
Felicidades a Leo.
Grazas.

 
Ás 14:29, 24/11/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Eu, coma sempre, ben parva, dinme conta canda o lin da patiña por debaixo da porta.
¡Ben por Leo!, sinxelo y palpable.
O das letras, é ben común nos rapaciños o empezaren a escribir.
Así que, xa lle pasará.
Bicos.

 
Ás 16:16, 24/11/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Moi orixinal como aprobeitou o cadrado..Listo o rapaz.
Bicos!

 
Ás 20:46, 24/11/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Que enxeñoso o debuxo, usar as liñas da páxina como paredes...
E efectivamente, ninguén naceu aprendido, déalle tempo e as letras sairán como cómpre.
(e tamén eu o digo: ditosiños deberes)

 
Ás 20:49, 24/11/10 , Anonymous http://www.blogoteca.com/acuatica07 dixo...

Mais Leo... ten catro anos! daquela é moi espilido. Cando comprobei a data do seu nacemento non me estrañou nada, eu tamén nacín nunha data próxima á del, e escribía con tres anos (cousas da miña nai, que se paraba comigo).

Parabéns a Leo e que siga así.

 
Ás 23:32, 24/11/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estes mestres...sempre poñendo deberes tamén para os pais/nais!!!

 
Ás 21:22, 25/11/10 , Blogger Unknown dixo...

Pois eu vexoo moi espabilado, olla que poñer a pata do lobo demostra imaxinación e creatividade.
As letras ó revés e ós números é normal, a miña nena fai igual e ten 6 anos. Agora xa se da conta e corrixeo. Con Leo pasara o mismo,xa verás!

Bicos

¿Que tal ves o meu galego, va mellorando,non?

 
Ás 21:59, 25/11/10 , Blogger paideleo dixo...

Xabres: será benvido ese conto. E máis se sae un can.

zeltia: si, tamén me extrañou a min pero será o sistema actual de ensino así.
Por suposto que aínda non é o tempo pero está aí a un paso.

Dilaida: empeza a ter responsabilidades e protesta se non o facemos ben: el e nós.
Gustoulle pintar de branco a pata do lobo con brillante porque branco con branco non se mira.

Desde a gaiola: claro que si !.Non hai apuro ningún. Sen présa pero sen pausa, anque soe mal.

Aldabra: pois non,non hai cabritos; é a pata do lobo pintada con brillantina coma se fose fariña.
Antes querían máis probas e serían máis desconfiados e así mandaban esas fotos ( eu aprendino na exposición ). A morte antes era máis habitual, bueno, morte, nacemento e todo que se facía todo na casa.

Fernando Sancho: eu coincido contigo. Cos contos traballan xuntos os pais cos rapaces e con eses deberes van entrando na dinámica de traballar un chisco.

fonsilleda: é normal porque é mui pequena. A min tamén me explicou o que quería debuxar e así saqueino eu.
Alédame de que sexa normal esas indecisión ao escribir letras.

Bolboreteira: está acostumado dende hai tempo a facer casas con lápices de cores no chan e supoño que vería nese cadrado a casa que quería debuxar.

Kaplan: aproveitou as liñas ou creu que eran parte da casa, non sei.
Tranquilo que xa lle damos tempo. Iso é o que lle sobra !.

acuatica: xa van catro anos, si.
Creo que a facultade de ler e escribir témola aí e hai que desenrolala apropiadamente como fixo túa nai.

Chousa da Alcandra: e fan ben que neste barco temos que remar todos, ou como é ?. Ademáis gústame.

Ana: eu noto que prospera, sobre todo á hora de ler.
Si,semella ser normal iso de confundir o sentido de letras e números e xa estou máis tranquilo.
O teu galego vai mui ben. Mil veces millor ca o meu portugués.

 
Ás 22:11, 25/11/10 , Blogger Alís dixo...

Xenial esa pata por debaixo da porta. E qué ben que lles fomenten o amor pola lectura, aínda que é moi noviño para ter deberes. Mentras sexan divertidas, aínda menos mal, pero non me extraña que lle collan manía á escola

Felicidades, papá, por un fillo tan inxenioso

Bicos

Ah, a miña filla (4 anos) tamén escribe ás veces algunha letra e algún número do revés e non é zurda.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio