leoeosseus

martes, 30 de novembro de 2010

Insultos


O outro día descubrín de casualidade unha ligazón onde saen insultos en galego. Comprobei con sorpresa que un dos sinónimos de cachazudo é paideleo.
Así que me vou pór en plan Shinchan e tamén vou inventar un insulto e vou ampliar a lista con insultos que coñezo eu.
Apana: sinónimo de marrecas, monxa, borboleta, mangoeira, lapacricas, flatosa, fervellica, fachada e salgarita.
Non está nada mal para un prosma, mortenegra e cachazudo, eh ?.
Postdata: non borro este posteo porque non teño costume de facelo pero metín a zoca e non pouco e aclároo no seguinte posteo.
Síntoo e non pouco.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 01/12/10, 08:41 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Explícate máis "túzaro", que así non hai quen te entenda.
Haille que por o significado ao lado en cada termo, que senón iso parece inghlés...

 
Ás 01/12/10, 09:20 , Blogger Dilaida dixo...

Pois se vai de pexorativos, xa sabes que niso o noso idioma ten unha riqueza moi importante.

 
Ás 01/12/10, 11:04 , Anonymous W. Sobchak dixo...

pois seica xa tiñas ti recursos dabondo para a tradución dos Mortadelos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio