leoeosseus

venres, 14 de xaneiro de 2011

Algúns necesitan unha columna do saber


Na época que petei contra a columna estaba eu en plena fabricación dun mundo imaxinario cheo de razas extrañas coas súas linguas máis extrañas aínda. Eu inventei un son distinto de "q" para distinguilo de "k" e ata había palabras con tres "r" seguidas ( non é tan raro; se te esforzas es capaz de pronuncialo ). Bueno, ao que ía: todo isto está ben para un neno ou para un escritor ou guionista pero o que non me parece normal é este " Cochilrra " mal escrito nun sinal feito por adultos.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 10:20, 15/01/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Parece outro idioma.
[asi que inventor de sons?]

 
Ás 14:35, 15/01/11 , Blogger Dilaida dixo...

Si señor, para que non haxa ningunha dúbida.
Bicos

 
Ás 21:11, 15/01/11 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Non se che escapa unha.
Bicos, avoa Cris

 
Ás 18:50, 16/01/11 , Blogger rui dixo...

Pois non andabas moi descamiñado, en árabe existen o qaf e o kaf, e os dous se pronuncian de forma distinta (o q é pronunciado na gorxa). Co r tamén hai varias letras, o r noso e máis o ghain, que é o r pronunciado á francesa.

 
Ás 22:19, 16/01/11 , Blogger busto.agolada dixo...

O letreiro "chilría" nos ollos.
Saúdos para o inventor de sons e a súa xente.

 
Ás 02:15, 23/01/11 , Blogger iResponsable dixo...

Vaia, iso queda por Pontellas.
Había un mítico porteiro do Ribadelouro que era dalí (creo) e chamábanlle "Cuchilra", para que vexas o que dexenera a cousa.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio