leoeosseus

martes, 29 de marzo de 2011

Cincuenta e catro meses ( e dous días )


Luitando contra Morfeo puiden acercarme ao ordenador e postear isto.

Na foto está Leo cun dos seus xoguetes favoritos: un pau. Este da foto era grande e xogaba a ser un pastor. Cun pauciño pequeno escribe números e letras e fai camiños nos parques infantís mentres outros nenos brincan dun aparello a outro. O Leo divírtese coa imaxinación e inventando historias con calquera cousa ou falando como o faría unha profe. Segue fascinado polas letras e números e enreda co eles.

De cada vez fala millor os dous idiomas e vai corrixindo a súa pronuncia infantil e simpática e, por exemplo, desaparecen as " gomimolas " ( por gominolas ). Conta ben pero despóis do dezaseis só sabe en galego e aínda di " nesitar " por necesitar.

Leva uns días cunha " plasti " para corrixirlle unha deda dun pé que quedaba debaixo doutra e vai corrixindo a posición rapidamente.

Está contento coa pronta chegada da irmanciña ( a mediados de xuño ) e di que lle vai ensinar todo o que sabe e a conducir tamén.

Hoxe foi todo contento para cama porque mañá ten unha excursión e preguntoume se eu ía de excursión no traballo. O que me fai lembrar que teño que volver para cama.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 11:12, 29/03/11 , Blogger Unknown dixo...

Comenza a poñer en anos,que eu non son de mates,jeje
Está feito un homeciño, pensar o tempo que sigo a evolución deste neno, faime sentir velha,jejee

Bicos

 
Ás 15:53, 29/03/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Menos mal que avisas que vai de pastor, eu xa pensaba que ia as lampreas coa fisga.
Vai feito un bon mozo.
Apertas.

 
Ás 20:37, 29/03/11 , Anonymous peke dixo...

Si, vai sendo hora de que poñas anos en lugar de meses. Está lindísimo. ;)

 
Ás 22:56, 29/03/11 , Blogger xenevra dixo...

Ir para cama con todas esas sensacións nos beizos é unha marabilla... Un soño!!!

 
Ás 19:18, 30/03/11 , Blogger mfc dixo...

Uma linda foto!
... e Junho é um mês bonito para chegar a irmãzinha!
Parabéns para ti e toda a família.

 
Ás 20:40, 30/03/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Está feito un mozo moi espabilado. Seguro que disfrutará moito da súa irmá (aínda que ó primeiro xurdirán ciumes seguramente).

Apertas

 
Ás 09:22, 31/03/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O Leo xa está feito un mozo!, pouco a pouco vai deixando atrás ese mundo das primeiras descubertas a través dos pais e adentrándose no mundo propio; pero despois coa cativiña asistirás de novo a toda a creatividade desplegada dun modo asombroso.

 
Ás 20:34, 05/04/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

o tempo pasa, os fillos van medrando ata que un día... voan do niño.

biquiños,

 
Ás 13:13, 07/04/11 , Blogger fonsilleda dixo...

Biquiños pra o Leo, está feito un bo mozo.
Saúdos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio