leoeosseus

venres, 1 de abril de 2011

Camioneiro última xeración


Non deixo de abraiar coa personalidade da xente e así coñezo máis a fundo a un camioneiro " last generation ". Gústalle a informática e a interrede e le nun ebook mentres espera para descargar o camión. Como é camioneiro ten unha pegata da virxe de Fátima que é unha virxe viaxeira, seica e, de mistura; pon na viseira do seu camión o nome da Virxe en código de barras !.

Está visto que novas tecnoloxías, xuventude e vellas crenzas non teñen por que ir desparelladas.

Se queres pasar calquera texto a código de barras podes facelo nesta ligazón.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 14:31, 01/04/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Moitas grazas por contar isto. Paréceme curioso e gústame enterarme destas cousas.
As mesturas -de todo tipo- dan sempre situacións interesantes!

 
Ás 14:45, 01/04/11 , Blogger Dilaida dixo...

Por agora non teño pensado facelo, pero grazas por o enlace, nunca se sabe.
Bicos

 
Ás 19:45, 01/04/11 , Blogger mfc dixo...

Protegidíssimo!!!

 
Ás 13:15, 05/04/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Bárbaro!
Ante isto que se quiten os malos hábitos dos camioneiros de antes con fotos de mulleres espidas na cabina...
Ti sempre ensinando cousas interesantes.

 
Ás 13:14, 07/04/11 , Blogger fonsilleda dixo...

A min tamén me gustou tal camioneiro.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio