leoeosseus

venres, 8 de abril de 2011

Para querelo


É feliz cando corre e cando lle len. Fedella nos mandos dos radiadores. Aprende a contar anos nos aneis dos troncos das árbores. Canta no coche o Waka Waka ou Mamacabra. E fai muitas máis cousas.

Non me extraña que cando lle pregunta a nai que soñou pola noite el responda: - " Nada. Non tuven tempo ".

Para querelo.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 12:44, 08/04/11 , Blogger Dilaida dixo...

E tanto que é para querelo, está moi fermoso. Fíxome graza o de que non tivo tempo para soñar.
Bicos

 
Ás 21:12, 08/04/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Creo que é certo eso de que non ten tempo para soñar. ¡Inda o fai de día!
Apertas

 
Ás 21:31, 09/04/11 , Blogger mfc dixo...

Aí está ele... bem em forma!

 
Ás 11:19, 10/04/11 , Anonymous Anónimo dixo...

A señorita Kaplan tampouco paraba (nin para), aínda que xa se volveu máis quieta.
De pequena, se estaba a xogar e alguén chamaba por ela, dicía non podía ir, que estaba traballando.

 
Ás 07:00, 12/04/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

A verdade é que hai que querelo. Á forza. As crianzas fanse querer e Leo está impresionante.
Alégrome.

Un saúdo.

 
Ás 22:33, 13/04/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E sí... para querelo, sí. Que maneira de aprender, cada segundo aprendendo, sentindo interpretando.
Parabéns por disfrutar del.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio