leoeosseus

domingo, 29 de maio de 2011

Cincuenta e seis meses ( e dous días )



Aquí está o Leo comendo pizza e mirando os pingüíns de Madagascar, dúas das actividades que máis lle gustan. Outras son recortar números e letras escritos en papel e montar historias. Non para de falar ou cantar cancións inventadas. Ten defectos, está claro, como que é difícil de movelo dun sitio ou que hai veces que muda a súa voz para unha parva que nos desespera ou como o de hai dúas semanas que empezou a dicir unha cousa perigosa; que se aburría.

Tirando estes tres defectos estamos contentos co el como cando inventa palabras e o seu significado como " remanar : tirar con sorte ".

A ver o seguinte mesario como está coa irmanciña recén nacida !.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 15:42, 29/05/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

EStá feito un mozo de "ferro".Haberá que irle buscando moza.
Cando veña a irmá, coido que xa non se aburrirá, sobretodo se o facedes responsable dela ós pouquiños.

 
Ás 17:33, 29/05/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Ben, a chegada da irmá seguro que o saca do aburrimento...
Pero está feito un home creativo. Ogallá siga así sempre.

 
Ás 21:04, 29/05/11 , Blogger Peke dixo...

Xa queda tan pouco?!!! Espero que nos poñas unha foto da acabada de nacer e nos digas o nome!!

 
Ás 23:36, 29/05/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois seguro que cando veña a irmaciña tamén andará algo perdido e tentará chamar a vosa atención; pero seguriño que disfrutará dela. E moito máis ela del.

Apertas

 
Ás 10:45, 30/05/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

seguro que todo ha ir ben, e seguirá a comer pizza tan contento.

biquiños,

 
Ás 22:02, 30/05/11 , Anonymous Anónimo dixo...

O da voz tamén o fai a miña, que me pon a voz da nena do exorcista cando me fala por teléfono; algunha vez até a ameacei con colgarlle se non falaba como a xente.
E o de aburrirse é que seguramente agora aprendeu a palabra, non teña medo

 
Ás 22:04, 30/05/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Olvideime da meniña: que todo vaia ben, que ao mellor no próximo post xa nos vén a noticia.

 
Ás 00:30, 31/05/11 , Blogger mfc dixo...

Tás um papá babadinho... e tens razão!"

 
Ás 18:47, 31/05/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

xa vén a nena?
que prontiño pasan os embarazos alleos!
e hai nervos???

:-)

Esperemos que o príncipe destronado non se sinta moi destronado...

 
Ás 22:59, 02/06/11 , Blogger Angel Utrera dixo...

Como fago como fixo DAvid, co seu irmao,....o levades claro.
Dende o primeiro dia ..dixo .-Le voy a pegar....¡¡¡¡ e dende enton, o ignora olimpicamente...Cousas xa se sabe...

 
Ás 08:36, 03/06/11 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Estamos pendentes do acontecemento, un bico moi forte para todos e en especial para Ana.

 
Ás 11:02, 04/06/11 , Blogger busto.agolada dixo...

Leo, total, como xa nos ten afeitos: bo mozo e ocorrente. A chegada da irmá: unha esperanza, unha promesa, unha ilusión, o mellor xoguete para Leo e tamén un chisquiño de celos.
Moita sorte e felicidade nesa vosa nova andaina.

 
Ás 01:23, 13/06/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bonito e crescido está. A irmãzinha logo lhe vai fazer passar o aborrecimento.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio