leoeosseus

sábado, 7 de maio de 2011

Día de homes colgados


De súpeto saímos da crise e abrochan cartos por todas partes. Amañan estradas, xorden parques infantís e papeleiras, levantan valados caídos, descobren monumentos a canteiros, cobren baixas da Xunta, etc, etc. En paredes, farolas e columnas sorrinos rostros amables con mensaxes de " Vilaguindastre quere ", " Para que Vilaguindastre gañe ", " En Vilaguindastre hai futuro ", " A alternativa para Vilaguindastre ", " Se queres, PODES ", etc. Unhas mensaxes que non din nada e que podes intercambiar de partido político que non muda nada.


E a todo isto o Leo solta: " Hoxe é o día dos homes colgados que miran para todas partes ".

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 23:32, 07/05/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Gustoume a definición do Leo. Homes colgados que prometen futuros (perfectos ou imperfectos xa os conxugará a realidade despois). Pero iso dos "monumentos a canteiros" chegoume moi fondo!! :-)

 
Ás 01:36, 08/05/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

O monumento aos canteiros non está mal, polo menos como está agora. Porque durante o tempo que estivo semi-montado pero tapado cunha tea tiña (máis dun mes)podíase entrever unha estampa máis típica dun patio andaluz que dunha rotonda galega: xúrovos que había "un pozo de ladrilo caravista con su macetita de geranios encima" e ao lado unha vasilla de barro tamén con flores dentro. Meu Deus! era a cousa máis esperpéntica que levo visto. Menos mal que alguén debeu "recomendar" quitar eses elementos, probablemento o propio artista que fixo o monumento...

 
Ás 19:13, 08/05/11 , Blogger rui dixo...

polo xeral os homes colgados andan a coidar dos seus negocios, aínda que o envolvan coa ideoloxía que queiran. Canto máis se coñece máis se desilusiona un.

 
Ás 22:20, 08/05/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

O teu fillo é sabio. Preguntale a ver que le parece esto das elecións, e a quen le debmos votar, según o seu sabio critério.

 
Ás 23:00, 08/05/11 , Blogger Dilaida dixo...

Leo si que é un rapaz ben intelixente.
Bicos

 
Ás 13:12, 09/05/11 , Blogger mfc dixo...

Pois aqui é igualzinho!
E nós, burros, continuamos a alegê-los!!

 
Ás 17:56, 09/05/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai, que fartiño estou eu xa desta campaña (e o que nos resta!)

 
Ás 06:51, 11/05/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Moi agudo o apuntamento de Leo. Porque chegados estes eventos, semella que todo son "sorrisos" na caras que nos asexan cada día polas rúas e estradas, coma dicindo: "Ti verás o que fas!"

Un saúdo.

 
Ás 23:50, 11/05/11 , Blogger Raposo dixo...

Non lle falta razón o cativo!!

 
Ás 23:07, 13/05/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jajaja, e non sabe o Leo aínda que colgados están!

[fartaríaste de rir cando llo escoitaches! -e menosmal que tes un blog para contalo, porque é para contalo-]

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio