leoeosseus

domingo, 1 de maio de 2011

Lendo no insomnio


Ultimamente ando co sono trastocado: quedo durmido cedo con Leo léndolle os contos e logo a media noite non teño sono. Dou voltas e voltas na cama e remato erguéndome para ler ou fedellar na interrede. O último libro que lin é o da foto que foi toda unha sorpresa porque xuro que eu non tiña nin a mínima idea sobre el e o autor. Podo dicir que o lin rapidamente e que é para reler con máis vagar. Ten unha estructura orixinal, inusual e atractiva para min e conta algo novo. Tamén está salpicado de frases e párrafos para suliñar e incluir na memoria e, o millor de todo; alivioume o insomnio de dúas noites.
Eu non son de recomendar libros pero este estou animado a recomendalo.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 11:46, 01/05/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Resulta curioso. Onte chamoume a atención este título e tiven o libro na man. Non o merquei debido a que teño na parrilla de saida pendente de lectura dous libros e medio...(estou feito un lacazán).
Ollo co insomnio. Seica quita o sono.
Apertas dende Antas

 
Ás 17:45, 01/05/11 , Blogger mfc dixo...

Não fiques na cama às voltas.
Levanta-te e vai ler até à sala... olha que resulta!

 
Ás 23:24, 01/05/11 , Blogger Dilaida dixo...

No o coñezo, pero tereino en conta cando merque o seguinte libro.
Hai que vixiar ese insomnio pode converterse nun costume e despois é moi difícil saír.

 
Ás 07:12, 02/05/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Outro para a lista do verán. Vaime medrando de máis e non sei se darei feito! Pero tentareino.

 
Ás 17:39, 02/05/11 , Anonymous Harmonía dixo...

Tomo nota!
Grazas por traelo aquí.

 
Ás 21:45, 02/05/11 , Anonymous peke dixo...

Eu tamén tomo nota. Grazas!

 
Ás 01:42, 03/05/11 , Blogger xenevra dixo...

Con un título tan suxerente, calquera se atreve a dicir que non vai que anda enguedellado noutras lerias.

 
Ás 14:40, 03/05/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Escoitei hai un pouco unha entrevista del na radio e espertoume curiosidade a súa traxectoria vital, a súa enerxía e desexos de vivir unha vida que mereza a pena.

Contou unha anécdota que me fixo rir e pensar á vez: (que non é incompatible)
Resulta que el ten unha amiga francesa que non fala moi ben o español.
Foi á carnicería mercar tenreira e dixo:
- Me pone cien gramos de ternura?
E o carniceiro, ben riquiño el, díxolle:
- Si tuviera de eso te regalaría kilo y medio!

 
Ás 22:16, 03/05/11 , Blogger rui dixo...

Si, eu tamén escoitei unha entrevista del en Radio3, gustoume, aínda que tamén teño libros atrasados.

 
Ás 11:46, 04/05/11 , Anonymous Alex Ghalpon dixo...

Ese título é unha boa declaración. Haberá que mergullarse nel, non vaia ser que veña o insomnio ese e me pille sen recursos. Ademais, a anécdota que conta Zeltia é deliciosa.

Apertas entre letras

 
Ás 20:01, 05/05/11 , Blogger Maribel-bel dixo...

Leo está moi bonitiño e polo que percibo é un aventureiro. O título é perfecto para estes momentos que conciliar o sono é difícil. Tomo nota. Un besiño

 
Ás 21:13, 10/05/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

Pois vou ter que lelo porque xa o vín recomendado en varios blogs. E xa se sabe, cando o río zona… Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio