leoeosseus

sábado, 21 de maio de 2011

VIII Festival de Cans

Mentres uns traballan na veigha.



Outros asisten a estreas. Blogueira incluida na escaleira.



Outros divirten e divírtense versionando " O tren " de Andrés Dobarro.




Outros mostran a súa faceta máis primitiva.




Hai famosos como Antón Reixa ou un Manolo Rivas que camiñaba lixeiro non sei cara a onde.




Tamén descubrín un chimpineiro que foi un antecesor no meu posto de traballo.




Cans é unha peregrinaxe de xente con ganas de divertirse e descubrir novas sensacións.


En definitiva: Cans non deixa indiferente e menos a un que foi aquel neno de trece anos que errou o camiño de volta nun xaneiro frío e maldurmiu nun penedo. Mentres, noutro punto do monte un can da Garda Civil buscaba sen éxito o rastro dun pixama para máis desesperación duns pais.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 00:22, 22/05/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Excelente reportaxe gráfico con bós pés de foto.

Perderse polos montes se non se coñecen ben é algo habitual, mais as distancias pola zona non so demasiado grandes.

O susto debeo de ser gordo ¿Nonsí?

 
Ás 09:56, 22/05/11 , Anonymous Anónimo dixo...

O nome que ao mellor envergoñou durante séculos, agora revelouse unha vantaxe digna de envexa.

 
Ás 14:50, 22/05/11 , Blogger xenevra dixo...

Ir aló é un deses "soños" que sempre levo na maleta. Mas cando chega o momento sempre xorde algo que fai dicir "para o ano irei". Ás veces teño medo de que o ano non chegue. Mais para o próximo, irei!!

 
Ás 17:44, 22/05/11 , Blogger mfc dixo...

Gosto desta alegria de viver!

 
Ás 18:05, 22/05/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O do paseo de chimpíns é unha idea caralluda. E que dicir das proxeccións en naves de bloques.

Vou votar, que xa é hora

Apertas

 
Ás 18:43, 22/05/11 , Blogger Dilaida dixo...

Vaia reportaxe ben documentada.
Bicos

 
Ás 20:02, 22/05/11 , Blogger rui dixo...

Ao festival de Cans no Porriño, vai de morto quen non foi de vivo!
Eu tampouco fun aínda, antes por estar fóra, agora por ter o finde ocupado... algún ano irei.

 
Ás 17:37, 23/05/11 , Blogger Concha L. F. dixo...

Vese que hai animación e unha oferta tan ampla que é difícil escoller.
Boa reportaxe!

Un saúdo.

 
Ás 17:55, 23/05/11 , Blogger emereci dixo...

Ei! Eu a ti non te vin... como non avisaches?! Estaba tamén o Leo? Gho, que rabia :(

 
Ás 08:28, 25/05/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

mágoa de non saber o de Cans antes, porque gustaríame ver o ambiente.

biquiños,

 
Ás 01:56, 26/05/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Ese festival reune moitas das cousas que me gustan.
E eu aínda sin ir.

:-(

(nunca me entero)

 
Ás 12:05, 04/06/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Re-paseando polo teu blogue decateime hoxe da similitude da primeira imaxe co post Estercar, que puxera na Chousa non fai moito.

 
Ás 11:01, 10/06/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Bos días amicus:
Vaya, cuántas subidas y escaladas hicimos al "Pianista"....Esa foto de esa gran roca....Eran otros tiempos por Tui,Vigo,Crecente,Arbo,Ponteareas,As Neves,Porriño,Redondela,Covelo,Avión,Barciademera,as gándaras, os penedos enormes, as rochas do Louro, do Tripes, a Picarana, O Budiño....
Deica logo amicus.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio