leoeosseus

xoves, 25 de agosto de 2011

Segundo mes ( e un día )



Aquí está Xela onte. Tocoulle a revisión dos dous meses e levou catro xeringazos para vacinala. Chorou coma nunca con ese tremor de queixo característico seu e, despóis do consolo da teta, durmiu muito tempo.

A nena está mui ben. Engordou case dous quilos dende o seu nacemento e agora non se pode deixar soa na cama grande que, dando cuadas, vaise desprazando e pode caír da cama.

Pórtase ben e apenas chora. Cando ten fame empeza a chupar a man dereita e só despóis de bastante tempo empeza a chorar. Protesta un pouco tamén cando quere durmir ( máis que cando quere comer ) e vai levando bastante ben os gases porque arrota e obra bastante.

Gústalle ver e sorrir para a lámpada do salón ou a Soa, a moneca que leva no cochiño; e fálalles botando gorgoriños.

E xa van dous meses !.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 09:12, 26/08/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa chegaron as vacinas e os choros no pediatra, vaia, pero a meniña engorda e iso é magnífico. A miña os primeiros anos estivo sempre por baixo dos percentís e xa non sabíamos que facerlle. Íamos ao médico co corazón encollido. A min ás veces tentábame poñer ás agachadas o dedo na báscula para facer trampa e subirlle un cuarto ou medio kilo.
Se come, dorme e é curiosa (e tan bonita ademais) poden estar traquilos.

 
Ás 09:49, 26/08/11 , Blogger Dilaida dixo...

Xela está feita unha mociña e é moi guapa, a min nesa foto paréceseme moito a Leo.
Sobre a pregunta que me fas no teu comentario, pois si, aumentou a familia, Alicia naceu o día 11 deste mes e é miña neta tamén, curmán dos outros dous.
Tamén se porta moi ben, xa engordou 300 gr dende que naceu e gústalle moito comer e durmir.
Bicos para Leo e Xela.

 
Ás 10:56, 26/08/11 , Blogger Concha L. F. dixo...

Dá gusto ver como medra esta mociña e vai comunicando o que sinte. Está preciosa. É unha grande ledicia que Leo se sinta cerca dela, pois co tempo chegarán a ser cómplices, seguramente, e iso non se sabe o que vale entre irmáns.
Alégrome moito por vós e por el e ela.
Por certo, dálle biquiños aos dous da miña parte.

 
Ás 17:21, 26/08/11 , Blogger mfc dixo...

Como o tempo passa!!
E está linda... e calminha!
Que papá babdo me saíste... e fica-te muito bem.

 
Ás 18:15, 26/08/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

toda boas noticias e destilando felicidade.

parabéns!

 
Ás 00:32, 27/08/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

É cousa miña ou estás volvendo babear como se foses principiante?
Non me estraña, con esa parrochiña...
Que siga igual de sá e bonita, igual que o Leo.

 
Ás 11:07, 27/08/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É um regalo para os olhos, benza-a Deus.
Que continue crescendo sem problemas são os meus votos.
Abraço para os quatro.
Bom fim de semana

 
Ás 13:12, 28/08/11 , Blogger Peke dixo...

Está preciosa! Alédome de que todo vaia ben.
E o Leo, arriba, está estupendo. Non me estraña que proteste porque cumpre anos e non meses. É todo un mozote!

 
Ás 23:18, 28/08/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu sempre dixen que, co avanzadísima que está a ciencia, parece mentira que siga sendo necesario espetarlles un fero no seu corpiño para administrarlles algo tan sinxelo como unha mediciña preventiva. Eu tamén tremei cando lin o posteo.

 
Ás 21:38, 04/09/11 , Anonymous Sigrid de Thule dixo...

As nenas sempre somos dos papás, está claro! Preciosa meniña.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio