leoeosseus

luns, 12 de setembro de 2011

Sigo entre uvas








Neste tempo non só se vendima. A uva despóis de vendimada ten que ser estruchada na espaleadora que separa a uva que vai para o barril do cangallo que hai que tirar.



A uva bota varios días a ferver no barril e hai que ir baixándoa coa ghaia para que estea toda mollada e non borde.

Na foto de arriba retrato a ghaia e o barril.










Cando deixa de ferver hai que cambiar a uva de barril e hai que pasala a un barril limpo de sarrio.

Na foto de arriba aparecen un medio de branco e un bocoi con sarrio antes de limpalos.





O que queda no primeiro barril despóis de pasar o seu líquido a un novo barril chámase baghazo e hai que metelo na laghareta para prensalo e aproveitar o líquido resultante da espremedura.




Este ano houbo tanto tinto que avóM. mercou un depósito de mil litros de aceiro inox.

Na foto retrato o depósito ben roxiño cando baixa o viño.

E mentres o viño tinto ía facéndose na adega houbo que vendimar uva branca híbado pola tarde.


Pero tamén hai tempo para tirar algunhas fotos bonitas.






Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 10:18, 13/09/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

meus pais fixeron viño na casa durante moitos anos así que sempre me tocaba axudar...

o mellor de todo, os vasiños de mosto fresco... ¡que pracer mais grande!

biquiños,

 
Ás 12:30, 13/09/11 , Anonymous peke dixo...

As fotos son ben bonitas.

 
Ás 11:05, 14/09/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Excelentes fotos.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio