leoeosseus

domingo, 27 de novembro de 2011

Pepa, a abella


Esta semana estivo algo complicada para bloguear pero non quero deixar atrás a fin de semana pasada que tivemos por aquí.
O ano pasado tocoulle levar a Leo á ra Pascuala do cole para a súa casa e este ano foi o turno de Pepa, a abella.
Leo estaba contentísimo e o sábado levamos a Pepa ao centro de Vilaguindastre onde sae retratada con Leo e a estatua de Antonio Palacios, toda unha celebridade de Vilaguindastre.


O domingo Pepa foi votar con toda a familia e logo tocou xantar e magosto no monte. Leo buscou a mesa no merendeiro e rechazou unha cunha pintada dunha caveira porque dicía que era dos piratas.




Ese día pasámolo mui ben e estivemos ata que o sol marchou deixando ceos tan bonitos como o da foto.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 23:46, 28/11/11 , Blogger Dilaida dixo...

Leo está moi guapo e a Pepa tamén é ben feitiña e debeuna cuidar ben porque ten cara de satisfeita.
Bicos

 
Ás 00:58, 29/11/11 , Blogger mfc dixo...

Passeios assim todos gostamos!!
E aquela última foto do céu ficou lindíssima.

 
Ás 01:31, 29/11/11 , Blogger Alís dixo...

A abella Pepa seguro que o pasou moi ben. E Leo foi moi listo ó non ocupar a mesa dos piratas, porque iso traería consecuencias, sen dúbida.

Bicos

 
Ás 09:03, 30/11/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

non me extraña que esté contento con Pepa porque ten unha cariña moi divertida, é moi bonita

non sabía nada de Palacios así que agora xa o coñezo [ata que non o esqueza], diseñou a Virxe da Rocha de Baiona, que a coñezo e me parece moi orixinal... teño fotos na casa nese lugar.

biquiños,

 
Ás 22:58, 30/11/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o tempo pasa tan a presa que este domingo do voto xa me parece que foi alá hai moito tempo...

leo está guapísimo, tan entusiasmado coa invitada especial

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio