leoeosseus

xoves, 24 de novembro de 2011

Quinto mes


Hoxe a naipela fixo os cinco meses e tocoulle a súa primeira fruita en culler: plátano con zume de laranxa e na foto sae a cara que puxo. Metía para dentro pero botaba para fóra coa lingua. Non estaba mui convencida pero non protestou polo menos. Pensabamos que ía comer ben coa culler que a aceita ben cando lle damos a vitamina D pero non foi así. A ver se co tempo se acostuma á culler.
Polo resto vai ben. Dorme bastante ben de noite que só esperta unha vez. Polo día hai que cambiala de actividade que logo se aburre. Quere agatañar pero remata " nadando " no aire enriba do vulto do cueiro. É inquieta e quere coller e mirar todo. No cochiño quere sentarse e gústalle pasear. É mui rideira cando mira sorrisos na cara de calquera e dá berros de cando en vez. Gústalle ver a Leo ducharse ou cando xoga co ela. Estes días anda babexando e mete bastante as mans na boca e ponse rallante pero será cousa das enxivas.
Como a foto da primeira fruita non quedou ben poño outra onde se mira a Xela rindo como fai sempre.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 20:08, 24/11/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a foto da culler coa froita quedou moi ben!, como que non! esa cara de "que me está pasando?"

:-)

cando a vida se nos complica tanto, costa traballo pensar que houbo un tempo en que os nosos progresos eran aprender a comer con culler!
;-)

 
Ás 20:28, 24/11/11 , Blogger Dilaida dixo...

Está moi fermosa e a culler xa se acostumará ao principio é normal que non lle guste. Parécese moito a Leo.
Bicos

 
Ás 20:35, 24/11/11 , Blogger busto.agolada dixo...

A froita é unha sorpresa moi ben expresada pola súa mirada e que a imaxe recolle fielmente.
Por outra banda vese sa e fermosa, o mellor xoguete para o Leo e os pais.
Moitas apertas

 
Ás 22:24, 24/11/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Meu Deus que ollazos!

 
Ás 23:58, 24/11/11 , Blogger Alís dixo...

É preciosa, e iso pódese ver nas dúas fotos.
Coa culler, paciencia, que todo se andará

Bicos

 
Ás 00:54, 25/11/11 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

A nena é ben bonitiña, e parécese moito ao Leo.
Está fermosa de verdade, e xa sabedes que a papiña de froita e á que máis lles costa acostumarse.
Saúdos e un biquiño para esa meniña e mais para o irmanciño Leo.

 
Ás 10:45, 25/11/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

ó lerte recordo as miñas pelexas para darlle de comer a Senia (moi mal comedora de todo), teño un vídeo na casa onde se ve dándolle á cabeza dun lado o outro para esquivar a culler.

¡canta pacienciña hai que ter con eles!

está moi bonitiña, tés unha fermosa familia.

noraboa.

biquiños,.

 
Ás 11:23, 25/11/11 , Blogger Peke dixo...

Xa che dixeron de todo e con razón. Eses ollos...

 
Ás 19:27, 25/11/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Dentro de quince anos lembraredes o atranco da culler...e habedes rir!!
Que chispa na mirada ten.

 
Ás 07:47, 26/11/11 , Blogger Concha L. F. dixo...

Non vos apuredes. Deica pouco cómevos a todos e a todas con patacas. Ou con castañas.
E se non, mirade a Leo, que xa pouco lle falta.

Vaia axóuxere máis fermoso, que soa simplemente coa mirada!

 
Ás 11:35, 26/11/11 , Anonymous Anónimo dixo...

coitada, que empezou cos dentes. Que fermosa está, e que alegre se ve na segunda foto. Na primeira, claro, está un pouco estresada pola novidade dese sabor que pronto lle vai gustar.

 
Ás 16:03, 27/11/11 , Blogger mfc dixo...

Muitos parabéns por estes lindos cinco mesitos!!
Está óptima... e linda!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio