Sexto mes
Hoxe Xela fai os seis meses. É dona dun sorriso que asoma inmediato cando miran para ela e dun brillo de ollos marabilloso que non é doado topar outro igual. Dorme ben de noite e chupa teta toda inquieta, tirándose do pelo e patexando. A fruita non lle vai muito anque con pexego éntralle millor. Mantense ben sentada e quere coller todo o que mira diante e canto máis lonxe millor. Ten xenio porque se incomoda cando non alcanza algo. Agora empezan asomarlle as raíñas brancas dos sachiños de abaixo. Admira ao seu irmán Leo e gústalle ir a cabaliño del.
E así vai !.
Etiquetas: xela
5 comentarios:
Que linda! E que ben que lle guste Leo!!!
así vai, apuliñando pola vida arriba xa!
vese tan linda,
e ese brillar de ollos será pola dita.
que fermosa familia, paideleo
ler as vosas cousiñas sí que parfecde unha postal navideña.
inda que, eu, non quero saber nada do fantasma da navidade, podendo ser.
Xela está fermosa.
Bicos
está ben bonita... a mín paréceseme ó Leo... tés razón no dos ollos da Xela, parecen luces que alumean
biquiños e boas festas,
Dan ganas de comela...
Ao vela nesa foto lembrei unha letra dunha cantiga das que canto, que ten unha estrofa en castelán que di:
"En mi jardín hay una flor,
la más bonita, no tiene olor".
Que siga así da sa e feliz.
Bo Nadal para a familia e a ver se quedamos antes de rematar o ano.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio