leoeosseus

martes, 24 de xaneiro de 2012

Sétimo mes



Aquí está Xela nun momento tranquilo. É raro que estea quieta: quere coller todo e luita por levantarse de todos os lugares. Só está tranquila cando mira debuxos animados ou o Cantajuego na tele. O resto do tempo está activa ata tomando teta. Segue cos dous sachiños de abaixo e quere rillar todo canto colle. Mantense ben sentada e ata se desplaza coas pernas dobradas e agarra todo ben. Toca palmiñas e ata hai veces que di abur coas mans. Gústanlle as cóxegas no pescozo e que lle canten. Come ben a verdura e coa fruita pouco a pouco vai entrando polo aro. Hoxe comeu por primeira vez pólo e non lle chistou, anque tamén pode ser polo porro ( de comer, está claro ).

E a nena vai medrando.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 00:19, 25/01/12 , Blogger Deb dixo...

Pois eu teño un Manolo que ten tamén sete meses (naceu o 16/06)!! O daquí xa comeu polo e carne e pareceulle ben, o mesmo que as verduras e os fideos. Penso que vai ser dificil atopar algo que non lle guste!! ;-)
E moi simpático tamén! Ri moito e, ainda que é cedo para falar, decatouse de que se grita, os outros miran para el. Enton...

Moito medran nestes meses, non si?
Bicos para a princesa da familia!!

 
Ás 00:24, 25/01/12 , Blogger Dilaida dixo...

Xela está moi guapa e feita unha mociña e non debe comer tan mal que se ve moi fermosa.
Bicos

 
Ás 12:14, 25/01/12 , Blogger Peke dixo...

Está moi linda e ten uns ollos moi expresivos.

 
Ás 12:50, 25/01/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Dá gusto vela con esa cariña de rosa.
Se vira o da comida un que ti ben sabes, xa che ía explicar el porque non come o puré de polo...
Que siga igual de sá e feliz.

 
Ás 13:31, 25/01/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai, a min tamén me gustan as cóxegas no pescozo e que me canten...! :-)
se fora eu tan linda, con esa cariña, seguro que había pelexas para facermas, jajaja
está moi linda, moi linda, moi grande, todo é coma un milagre.

 
Ás 17:28, 25/01/12 , Blogger mfc dixo...

E que linda que está!!
Estás um papá orgulhoso e com razão!

 
Ás 20:54, 25/01/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Supoño Paideleoexela, que desde agora teraste plantexado romper o molde. ¡Meu Deus!.

 
Ás 21:21, 25/01/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

sete meses xa... e sigue tendo esos ollazos que falan por sí soos.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio