leoeosseus

xoves, 26 de abril de 2012

Leo, o contista


Na imaxe está Leo mirando no cine " Lorax, en busca de la trúfula perdida ". A Leo gustoulle, e o que máis, o oso repoludo que quedaba atrás nas carreiras e arfaba cando había un pouco de movemento. E confeso que tamén me gustou a min a película pola acción, imaxinación, paisaxes e historia.
Mirámola onte e así o Leo se ergueu hoxe falando de que na terra de Jónistan ( o imperecedeiro alter ego e amigo invisible de Leo ) hai un lobo solitario e non hai abellas nin mosquitos pero si abellonas que non morden a todos senón que só pican aos malos.
Este conto ten algo da película pero a inspiración bebe de varias fontes e o lobo lémbrame o lobo Crispín que entrou na nosa casa en forma de libro onte mesmo tamén.
Está visto que outras cualidades non terá Leo pero a contista poucos lle gañan.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 00:41, 27/04/12 , Blogger Dilaida dixo...

Eu pensei que Leo xa deixara atrás a ese amigo imaxinario, o meu neto esqueceuse del no momento que tivo outro irmán.
O mesmo acaba sendo un escritor famoso.
Bicos

 
Ás 02:12, 27/04/12 , Blogger mfc dixo...

É estimular-lhe essa veia inovadora de ser um contista!
As qualidades trabalham-se.

Um abraço.

 
Ás 09:02, 27/04/12 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois haberá que fomentarlle a creatividade e a combinación de palabras, pois este Leíño promete moito para a literatura.

Xela, preciosa. Hai que ver o que medran en pouco tempo!

Bicos.

 
Ás 10:41, 27/04/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

canto maxina o teu Leo... ¿a ver si vai para escritor?

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio