leoeosseus

mércores, 9 de maio de 2012

Como pasa o tempo !


O outro día topei de casualidade unha bolsa dun comercio onde saían as palabras Nunca Máis. Fixeime máis e celebran os vinte anos desa tenda poñendo unha imaxe dun acontecemento por cada ano e hai que ver como pasa o tempo. Michael Jackson semella que morreu o outro día e xa pasaron tres anos. E Lady Di que ?, pois vai facer quince anos no verán !. E iso non é nada comparado coa película Forrest Gump que xa ten dezaoito anos.
En fin, o tempo voa e nós non o controlamos.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 10/05/12, 00:52 , Blogger Antón de Muros dixo...

Efectivamente: voa (cómpre aproveitalo)
Apertas.

Antón.

 
Ás 10/05/12, 02:24 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

O tempo é a coisa mais relativa que conheço. É sempre diferente de pessoa para pessoa. Para quem está feliz voa, para quem sofre nunca mais passa. Para quem compra uma casa ou um carro a prestações fartam-se de pagar e nunca mais chega ao fim.
O mesmo acontece quando está doente.
Uma hora parece um dia, um dia semelha uma semana e por aí fora.
Outra coisa a princesa Diana foi há 15 anos e parece que foi ontem, mas se você perde o pai ou a mãe, pode ter sido o ano passado, a saudade é tão grande que lhe parece que foi há anos.
Um abraço

 
Ás 10/05/12, 11:30 , Blogger matrioska_verde dixo...

e cada vez semella que pasa máis rápido.
tés toda a razón... mira para os teus pequenos, ¿onde van xa?

biquiños,

 
Ás 10/05/12, 16:36 , Blogger Dilaida dixo...

E co paso dos anos aínda che vai correr máis. A min cando mo contaba non o cría.
Bicos

 
Ás 12/05/12, 14:24 , Blogger Peke dixo...

E non vexas o flipe que produce pronunciar frases como "hai cincuenta anos pasoume tal cousa". Uff!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio