leoeosseus

venres, 20 de xullo de 2012

Mundo exterior


Levo uns días sen postear pero non penses que o vou deixar. O que pasa é que se xuntan varias circunstancias que me deixan apartado do ordenador e, loxicamente, non posteo nin comento noutros sitios e malamente accedo á interrede.
Os nenos van ben. O Leo leva uns días coa lideira de que quere ter unha mascota e di que ten un lucecú pero de alí a pouco di que non quere insectos e quere animais carnívoros salvaxes nunha gaiola. Tamén di que aquí nin é verán como di na tele nin é inverno cando é inverno que non neva. Menos mal que neste tempo tolo aparecen días para ir á praia e saltar olas ou pendurarse de barcas.
A Xela segue espabilando cun imán activado para meterse en situacións complicadas e caír ou atrancar dedos ou pés. Agora mesmo ten unha marca ao lado do ollo que semella unha nena maltratada. No comer segue con consumo mínimo e desgaste total que non para de andar dun sitio para outro e fuchicando en todo. Outra cousa que lle gusta é bailar mirando DVDs ou escuitando a radio.
E así vai todo: con momentos bos e momentos menos bos e para que mires que penso no blogo deixo a imaxe esta dun cartel ao rivés que hai que empezar a ler dende a esquina inferior esquerda. Menos mal que nese momento non estaba a conducir !.
Pois nada, a ver se posteo para a semana que vén.

Etiquetas: , ,

6 comentarios:

Ás 20:27, 20/07/12 , Anonymous Anónimo dixo...

Home, entre os insectos e os animais carnívoros salvaxes hai un termo medio para darlle unha mascota ao Leo, pero claro, vdes saberán.
E en canto á nena, pois lémbrame a miña: tamén a comer o xusto para sobrevivir e levando trompadas contra todo canto hai. Pero aí ela anda, perfectamente sa e activa.

 
Ás 14:22, 21/07/12 , Blogger Peke dixo...

Un canciño non estaría nada mal, non? ;)

 
Ás 21:25, 22/07/12 , Blogger xenevra dixo...

Arggggggg, custoume traballo ler o cartel, porque ademais está escrito en resumido. Ao final conseguino.
Bo verán, aínda que non o pareza. Ah, as mascotas de peluxe dan menos traballo ;)

 
Ás 21:41, 23/07/12 , Blogger mfc dixo...

Estando tudo bem é o que conta!!
Um grande abraço.

 
Ás 11:25, 24/07/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

as veces hai que deixarse levar, mais no verán cos nenos na casa de vacacións, con mais saídas a praia, aproveitando o bó tempo...

pero cando sexa que postees, xa ves, por aquí vimos a lerte e saudarte.

biquiños,

 
Ás 01:03, 27/07/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

todos andamos con menos tempo no verán, xa ves, inda os que xa non temos nenos!
Eu teño o meu reader cheo de posteos de blogues amigos sin ler... hoxe empecei por mirar as cousas do Leo & family!

o cartel unha putada eh, que andiven dándolle a volta ao portátil e por pouco me cae! ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio