leoeosseus

xoves, 9 de agosto de 2012

Avanzando



Os reis da casa avanzan ao seu ritmo. O Leo aprendeu a xogar ao parchís e á oca e tamén quere ter unha mascota na casa. Chegamos ao acordo de que será un peixiño.
Por outra banda, Xela vai a unha velocidade que non estamos acostumados e iso que apenas come sólido. Ela vai explorando o mundo a toda velocidade e sen medo a case nada, bueno, os cans atráena pero cando se acercan muito ela non gosta desa proximidade. Xela é mui alegre e aleda a muita xente, sobre todo ao avóP que o está pasando mui mal ultimamente.
É unha alegría esta nena cando che dá unha flor, unha aperta ou unha galleta.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 09:04, 09/08/12 , Blogger Dilaida dixo...

É unha ledicia velos medrar. Están os dous moi fermosos.
Bicos

 
Ás 10:46, 09/08/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Pois si que son unha alegría!
Onte mesmo conseguín que me fixese caso: colleume o dedo entre a súa manciña e purraba de min que nin che conto...
Alégrome que tamén lle faga ben ao AvóP. Apertas e forza.

 
Ás 11:21, 09/08/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

dentro de nada lemos o post de que o Leo vaise para a Universidades e Xela casi...

¡como crecen en casa dos outros!

biquiños,

 
Ás 22:07, 10/08/12 , Blogger Peke dixo...

Aínda lembro cando volvestes dos USA co Leíño encargado. Mira ti! Xa pasaron algúns anos. :)

 
Ás 16:09, 13/08/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Moi atinada a concesión do peixiño como mascota!

Apertas

 
Ás 00:33, 14/08/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja que cutre, paideleo, un peixiño!
o Leo eche ben bó ho! "aceptamos peixe como animal de compañía" :-)

lindos que están os dous, (na foto hai unha margarida que leva unha rosiña pegada)

 
Ás 10:03, 15/08/12 , Anonymous Sigrid dixo...

Qué fermosura a dunha meniña ofertando a estes que lemos unha florciña!

A ver como se decide o nome do novo habitante da casa, dese peixiño...:-)

Apertas

 
Ás 10:13, 18/08/12 , Blogger Cuspedepita dixo...

Fai tempo que non dou unha voltiña polos blogs, e mentres tanto Leo e Xela medraron sen parar.

Biquiños para os dous.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio