leoeosseus

luns, 10 de setembro de 2012

Xela de anxiño



Como todos os anos celebrouse este ano en Arbo a misa pola Virxe do Libramento e este ano tocoulle a Xela levar as asas de anxiño que usa a familia dende hai máis de cincuenta anos. Tamén tiña que ir sentada no carro pero era mala hora para ela e non houbo maneira de que non saíse do colo dalgún coñecido. Este ano só había dúas nenas con asas e semella que esmorece o costume cada ano que pasa. Primeiro foi cambiar a xunta de bois por un tractor para tirar do carro e de cada vez hai menos nenas con asas. Tamén antes había festa e xa leva uns anos sen habela. Iso si, non mudou o baile de catro parellas e o amoreamento da xente e coches que interrompen o baile.

Etiquetas: , ,

3 comentarios:

Ás 01:08, 10/09/12 , Blogger Dilaida dixo...

Xela vai moi guapa. Está moi ben seguir gardando as tradicións, aínda que cada día é máis difícil.
Bicos

 
Ás 19:38, 10/09/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Gústame vela de anxiña, aínda que custe vela quieta. E tamén esa tradición que, creamos máis ou menos, forma parte da nosa cultura.
Paréceme inclible que as asas teñan tanto tempo; parabéns á familia por conservalas.

 
Ás 21:34, 10/09/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois, de haber anxos, deberían ser como a túa nena!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio