leoeosseus

martes, 9 de outubro de 2012

Outubro

 
 
Empeza outubro e xa se vendimou todo. É máis, a uva xa ferveu e perdeuse a oportunidade de curar males de pernas meténdoas no viño a ferver.

Tamén se apañou o millo e antigamente quen topaba a espiga escura era o rei ou raíña.
Tamén chegaron os novos inquilinos á casa anque por menos tempo do que quererían eles. Este ano os dous inquilinos son pedreses. A ver se se lle nota a  diferenza en algo.
                                                                                                                                             
 
 
 
 
 

Etiquetas: , ,

6 comentarios:

Ás 11:33, 09/10/12 , Anonymous peke dixo...

Pobres porquiños! Só de pensar o que lles vai pasar...

 
Ás 18:54, 09/10/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

son pedreses????

 
Ás 18:55, 09/10/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

mira, e o millo... usádelo en gran como pienso ou moédelo para fariña dalgún xeito?

 
Ás 23:42, 09/10/12 , Blogger Somosauga dixo...

Aquí en Betanzos tamén estiveron estes días coa vendimia. Non sei se remataron ou non.

 
Ás 23:57, 09/10/12 , Blogger paideleo dixo...

Pedresesquere dicir a pintas. Tamén hai galiñas pedresas. Este ano é a primeira vez que teñen os avós uns porcos así.
O millo hai que moelo para facer fariña. Para a xente teñen este ano millo branco para facer polenta e bolo do pote.

 
Ás 02:55, 17/10/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

grazas por responder. pedreses. non lembro telo escoitado.

(escoitei o outro día cousas sobre o millo transxénico que...)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio