leoeosseus

martes, 6 de novembro de 2012

Festa do Calacú 2012


Este sábado pasado puidemos comer as case-primeiras castañas da tempada e, a verdade, é que apetecían co este tempo húmido, escuro e frío. Foi na Noite do Calacú que organizan os veciños dun barrio de Vilaguindastre.
Uns días antes o Leo levou un papel escrito cos seus medos ao cole para esconxurar eses medos xunto cos dos compañeiriños.
Gustoume o papel e aquí o reproduzo.


Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 08:41, 06/11/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Fermosa foto e interesante escrito o de Leo. Vai tomando nota!

 
Ás 11:47, 06/11/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

nunca ouvín o da noite do calacú... por aquí dise "o samaín".

biquiños,

 
Ás 02:21, 10/11/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tenlle medo aos castelos?
ou aos cas e o outro é algo que non entendo?
:-)

estase impoñendo moito esta festa das cabazas... nunca tan vira ata que chegou de volta da man dos anglosaxóns... pero nesta aldea global, todo o que sexa enriquecemento é bo, mentres sexa sumar e non resssstarrrr

 
Ás 23:57, 10/11/12 , Blogger paideleo dixo...

O Leo tenlle medo aos castelos pero tamén aos cans e máis cousas.
No debuxo hai arañas, morcegos e un gato negro.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio