leoeosseus

sábado, 1 de decembro de 2012

Diante do ordenador


Esta quincena estiven a traballar de noite e o cambio de ritmo nótase á hora de internetear. Sempre quedan asuntos atrás e non hai tempo ou ganas para pórse ao día.
Pero como non hai mal que o tempo non cure empezo posteando este mes de decembro de cinco sábados, cinco domingos e cinco luns cun aviso para peregrinos e veciños de que teñan cuidado cos ladróns perto de Vilaguindastre. Ten un pouco de retraso pero foi a miña irmá Kasege quen me descubriu este aviso hai uns días e non puiden postealo ata hoxe.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 02:52, 02/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

vaia teima co de "mortos de fame"
(inda que famiña debía de haber para roubarlle as galiñas e o galo... e non sería o raposo?)

 
Ás 09:54, 02/12/12 , Blogger Dilaida dixo...

Home, se non tivesen fame non llas roubarían, digo eu...
Bicos

 
Ás 21:28, 02/12/12 , Blogger Raposo dixo...

Oes, Zeltia a min non me metas no lío que eu non tiven nada que ver.
Haberá que ter coidado cos rateiros eses!

 
Ás 02:20, 05/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja, raposo, pensei en ti, xustamente, cando escribín o comentario!

 
Ás 01:14, 09/12/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

non se andan con tonterías.
biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio