leoeosseus

sábado, 15 de decembro de 2012

Hasta lueguín, panadizo


Nunca é tarde para aprender e así neste día chuviñento de sacar a paladas auga da fábrica tiven ocasión de aprender a palabra panadizo. Levo uns días cunha infección nun dedo arredor dunha uña e non dá pasado. Fun hoxe á médica e díxome que era un panadizo ( uñeiro ou colledizo en galego ) e que tiña que sacar o pus no enfermeiro e tomar antibiótico e antiinflamatorio e así fun logo á farmacia. Alí a dependenta de lentillas verdes despediuse de min cun " Hasta lueguín " que nunca oíra na miña vida. Por iso que sempre se aprende saíndo da casa.
Iso si, non aprendo nada cando encendo a radio e escuito falar de matanzas en colexios. Máis ben desaprendo.
Prefiro pintar sorrisos en feridas.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 09:04, 15/12/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Uma tragédia amigo. Inenarrável para qualquer um, muito mais para quem é pai.
Panarício é um bom petisco amigo. Dói imenso e às vezes é preciso arrancar a unha. Tomara a infecção passe logo.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 20:58, 15/12/12 , Anonymous peke dixo...

A curar ben ese panadizo!

 
Ás 01:50, 17/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois sí que che saliu un panadizo repoludo!
o día chuviñento paseino eu pelexando cun programa de edición de video.
Horas que me pasaron como minutos, se non fora pola dor de músculos de estar sen cambiar de postura.
e nada, hasta lueguín!

 
Ás 13:47, 18/12/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

ese hasta lueguín é algo agarimoso... como decir hasta lueguito... digo eu...

o do dedo, ten que doer moito ¿verdade?

toma ben os medicamentos e mellórate axiña.

bicos sanadores, que son os necesarios nestes casos.

 
Ás 19:15, 19/12/12 , Blogger Raposo dixo...

Teño escoitado a palabra "lueguín", pero en Asturias. Codio que é bable.
Un saúdo.

 
Ás 19:16, 19/12/12 , Blogger Raposo dixo...

Quería escribir coido. Coido que é bable. En fin...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio