leoeosseus

domingo, 2 de decembro de 2012

Pepe o toleirán


Nesta quincena pasada tiven de compañeiro a un home que é un enxurro de palabras. Non para. E fala de mil cousas e conta mil historias. A última que me contou era dun veciño que se chamaba Pepe e xa morreu hai ben anos. O tal Pepe non rexía ben da chencha e dábanlle arroutadas e a xente tíñao por perigoso. O meu compañeiro xuntábase con outros mozos e ían ver ao Pepe labrando coa xunta de bois. Eles rían porque guiaba a xunta coas ordes aprendidas no servizo militar e así dicía " ¡ Paso ligero !. ¡ Arr ! ", " ¡ Media vuelta !. ¡ Arr ! " e a xunta obedecía, que remedio lle quedaba !.
Pero o conto que me fixo máis graza foi o da toupeira. Alá foi nunha ocasión o tal Pepe onda o meu compañeiro e espetoulle: " Mira, teis a toupeira na veigha ". O compañeiro dixo: " Pepe, e que queres que lle fagha eu ? ". " Pois podes pillala pola mañán que a iso dar sete ou así ela aparece por alí "." Boh, téñoche eu ghanas de madrughar polo raio da toupeira, si se fodera ...". " Bueno pois eu arrághloche o asunto sin problema ". O compañeiro rematou a conversa sen tratar de ofender: " Pepe, fai como queiras pero de verdá que non me molesta a toupeira ". " Nada, nada, déixama a minhe ". E así quedou o conto ata que uns días despóis o Pepe falou co meu compañeiro: " Mira, xa collín a toupeira". " Si, Pepe ?. E que fixeche co ela ? ". " Pois fodina ben fodida que a enterrén viva ! ".

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 01:06, 03/12/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

às vezes encontramos bons contadores de histórias.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 08:58, 03/12/12 , Blogger Dilaida dixo...

jajajaja, fixéchesme rir. Sorte que tivo a toupeira que se encargara dela o Pepe toleirán.
Bicos

 
Ás 03:00, 05/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

as dúas anécdotas están moi ben!
inda daba algo por ver darlle as ordes ás vacas!
agora, co da toupeira, demostrou ter aí un instinto algo sádico; menos mal que a enterrou jeje, e non lle deu por aforcarla ou algo así!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio