leoeosseus

luns, 3 de decembro de 2012

Xela a repetidora


Xela está aprendendo a falar repetindo ao seu xeito as palabras. Leo é " Oo " para ela, algo parecido a como di cando se refire a Pocoyó. Elly é " Ee ", o curmán chámao " Pi ", Mickey é " Pipi " e Pato di algo así como " Pa ' u " cun salto da letra " t " oclusivo glotal que me fai lembrar como dicía a xente da rúa en Londres o seu " t " de lettuce que soaba " lé ' is ". Tamén di " gobo " para globo e " pepé " para papel.
Na foto está no concerto de María Fumaça de onte desfrutando de cancións como" A sopa do nené " ou " O mercado ".

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 15:02, 04/12/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Esta Xeliña é mundial. Mesmo parece que está dirixindo a banda de música.
Da, como diria unha cuñada miña, Rabia vela.
Apertas.

 
Ás 20:22, 04/12/12 , Anonymous peke dixo...

Está feita unha melómana! :)

 
Ás 03:06, 05/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

debe estar moi graciosa falando así.
a formiguiña é unha canción moi entretida, e o vídeo encantoume!

pero mira tí o que é ter moitos anos, e ter visto moito neste mundo... que me acordaba do cuplé aquel da pulga que lle picaba "alí"

 
Ás 03:40, 05/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

no encontré la versión que yo decía,
pero esta, no está mal, jeje

https://www.youtube.com/watch?v=GMdAPAhGs-s

 
Ás 01:11, 09/12/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

tan pequerrecha e xa de concertos... ;.)

 
Ás 15:30, 18/12/12 , Anonymous Rosa dixo...

Como medrou a Xela! Está preciosa... e debe ser estupendo vela como comeza a falar e a darlle nome á realidade! Xa vai tempo que "paseo" polo mundo de leoeoseus e ver medrar os cativos resulta emocionante. :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio