leoeosseus

domingo, 5 de maio de 2013

Paseando en maio

 
 
Maio pode estrearse cun paseo á beira do río Miño.
 

 
 
É unha oportunidade perfecta para topar cun amigo da infancia, xogar en parques infantís, fotografar graffitis ou que Xela probe o primeiro xeado da súa vida.
 


 
Neste sábado cambiamos do río para a ría e despóis do xantar baixamos á zona da ETEA de Vigo onde un cuartel da mariña quedou aberto para desfrute de toda a xente.
Non me extraña que poñan pintadas dicindo: " Gora ETEA " ( " Viva ETEA ").
 



Desta vez un parque con forma de barco atraiu a atención dos pequenos.
A min gustáronme as imaxes do mar tranquilo e o ceo azul.
Seguiremos paseando !.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 00:43, 05/05/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

os nenos crecen, a vida pasa...

biquiños,

 
Ás 21:25, 05/05/13 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Aqui se festeja hoje o dia da mãe.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 22:07, 05/05/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xornada de portas abertas logo. A Xela vese que lle gustou o xeado. Vas ter que mercar máis.

 
Ás 15:35, 06/05/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que lindo volver descubrir as cousas a través da ollada dos fillos pequenos.
eu, mamá noviña cando o meu bebé, tamén gozaba, como non. Pero sempre con esa sombra que me dicía que había algo polo mundo que eu estaba perdendo...
É unha das cousas que me gustara ter sabido: que non me perdía nada, que é o melloriño de todo: vela a ela, tan linda, co seu primeiro xeado.

e despois: as imaxes do mar tranquilo e azul

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio