leoeosseus

domingo, 24 de novembro de 2013

Vixésimo noveno mes ( e mais un día )

 
 
 
O tempo segue o seu camiño e a nena fai vintenove meses. Segue sendo a chica activa da casa cos seus momentos de xenio e carácter. Estamos contentos en como evoluciona coa comida. Fala bastante e pregunta se estamos contentos a cada pouco. Gústalle pintar, fuchicar en todo, repetir e que lle repitan, saír da casa ( anque ela confunde con quedar ) e mandaricar. Sabe nomes de compañeiros da guardería e recoñece algúns pais e cada vez se leva millor coas súas mamás do cole que é como chama ás profesoras. É atrevida e un punto inconformista.
No asunto de pedir necesidades estamos con dous pasos para adiante e un para atrás porque tanto pide todo o día como hai días que se lle escapa ata catro veces o pis.
No falar progresa e coñece números e algunha letra e a letra "x" para ela é a letra de Xela. Confunde os xéneros masculino co feminino e case todo é feminino. Ten algunha palabra simpática como " mouto " para dicir monstruo e " arragar " para agarrar.
E aí está !.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 06:43, 25/11/13 , Blogger Alís dixo...

Promete esta nena. Gústame o carácter que describes. É unha boa semente para chegar a gran muller. E, aínda por riba, é fermosa. Has de andar babeando, seguro.

Unha aperta

 
Ás 16:56, 25/11/13 , Anonymous peke dixo...

Que feliz se lle ve!

 
Ás 20:27, 25/11/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non cansarei de dicirvos que disfrutedes desta marabillosa etapa.

 
Ás 12:46, 27/11/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

e sigue medrando cada día mais fermosa.

biquiños,

 
Ás 13:49, 02/12/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

e tanto que aí está! impoñéndose, buscando xa o seu lugar no mundo...!

(é tan linda...!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio