leoeosseus

martes, 3 de decembro de 2013

Medos e mañas de Xela


Pasan os días para todos menos para os porcos de Arbo que están ou salgados ou en zorza. Xela pasou uns días maliña da tripa pero xa se recupera. Da saúde recupérase pero dalgúns medos non. Apareceulle un medo rarísimo que ten cando vai no coche que cre que imos chocar. Tamén ten medo aos cans coma ten Leo e agora, co estas datas, apareceulle o medo ao Papa Noel cando está cerca anque sexa de mentira. Pero non todo vai ser medos. Adquiriu mañas como a de usar a culler rapidamente ou a de pintar caras cos seus ollos, boca, nariz e orellas na pizarra magnética.
Creo que vai ser mañosa en muitas cousas.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 04/12/13, 12:41 , Anonymous peke dixo...

Quen non tivo nunca medos? O dos cans, por que non probades a ter un?

 
Ás 06/12/13, 19:07 , Blogger Alís dixo...

Cando vin a foto sorprendeume o debuxo da cara, que está moi ben para o tempo que ten.
O dos medos sí que é raro, sobre todo o de temerlle a Papá Noel, porque iso pásalle normalmente aos pais pensando en canto lles vai costar.
O do coche tomaríao como unha advertencia, por si acaso, así que mellor pode moito coidado ó conducir.

Unha aperta

 
Ás 10/12/13, 14:35 , Blogger Paz Zeltia dixo...

miña afillada tamén lle tiña medo a Papá Noel: quería que chegara polos xoguetes, pero poñíase nerviosísima co medo de velo cando entrase.

o medo aos cans pasaralle se a afacedes a estar perto dun que sexa pequeniño e xoguetón

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio