leoeosseus

domingo, 9 de febreiro de 2014

Diversión


Hai que se divertir e así entramos nunha comparsa para o entruido. No xantar do sábado coñecémonos un pouco máis e buscamos unha infiltrada no concello para que nos dese ideas para as coplas pero dixo que alí dentro non pasaba nada, que traballaban. Nos cafés tocou votación polo disfraz e das catorce ideas quedamos coa de ser piratas, unha Lumeirada de piratas.
E hoxe domingo fomos mirar un musical do Circo de la Magia e Xela desfrutou coma nunca coa música e as personaxes e ata se ofrecía vontaria para baixar ao esceario.
Así que xa sabes: se chove divírtete a cuberto !.


Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 23:22, 09/02/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

así me gusta, ter ilusión por apuntarse a cousas e promover o divertimento entre a veciñanza.
Que sería dos pobos e vilas sen xente con humor!

 
Ás 19:34, 11/02/14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Xa tedeis unha idea pras cantigas: ¡Hai un concello, nalgueres, onde os que alí están traballan!
Coido que pode ser un bon titular, pra prensa.
Divertirse a moi sano.

 
Ás 20:10, 11/02/14 , Anonymous peke dixo...

Con tanta antelación, daravos tempo a preparar os disfraces

 
Ás 00:17, 16/02/14 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Así me gusta! Xa estamos na mesma asociación: eu na parte musical e vós no Entruido.
Parabéns pola decisión; seguro que o ides pasar moi ben e nós tamén mirándovos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio