leoeosseus

xoves, 20 de febreiro de 2014

Mundo de soños


O outro día soñei co choio e que o xefe me mandaba facer algo e despois soou o espertador e tocou traballar cando xa eu estaba canso. Comenteillo a un compañeiro e el díxome que había que controlar os soños e que el era capaz. Ogallá puidese controlar eu os meus soños !.
Pero esta noite pasada tiven un bo soño. Soñei que mercaba o número 70700 da ONCE e que me tocaban sesenta mil euros e que iamos visitar os amigos e familia de Estados Unidos e cando lle estaba a preguntar a miña nai se viña invitada vai e soa o espertador e chafóuseme o soño.
E vou contar outro detalle de hoxe que ten que ver co eco en castelán de cando dis unha cousa en galego nun bar. Pedín un batido de cacao para Xela nunha cafetería e pedinlle unha palliña. A camareira traduciume ao momento pero coa mala sorte de dicir: " ¿ Una pajilla ? ". Eu rin e dixen: " Non, muller, non ". E ela púxose rubia da vergonza.
En fin, hai que seguir sorrindo sexa cos soños ou coa vida real.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 21/02/14, 20:40 , Blogger Alís dixo...

Lembráchesme a un amigo que lle ía amosando as árbores da aldea a Rudy (chileno): "Esos son castaños, los de ahí son robles y ésa junto a la casa es una cerdera". Rimos porque non era mal choio que os porcos naceran nas ramas e o noso amigo é dende entón Pepe, marqués de la Cerdera.

Ós soños hai que darlle a importancia que corresponde, pero non máis.

Unha aperta

 
Ás 22/02/14, 19:55 , Anonymous peke dixo...

Rir é sempre agradable e achega saúde e benestar. ;)

 
Ás 16/03/14, 22:00 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que bueno, lo de la pajilla...!

 
Ás 16/03/14, 22:01 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tamén me rin coa cerdera de Alís

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio