leoeosseus

sábado, 19 de xullo de 2014

E dalle que dalle



Con solpores que Xela non admira ao quedar durmida.
 


Nese intre da noitiña asomaba a dona das noites e as mareas que nos deixaba case sen praia estes días.
 


Imos coñecendo os recantos como este do Montiño que ten boas vistas e non está edificado senón dominado por un eucalipto vello.
A min dábame na espiña que tiña algo de especial e sagrado este sitio e non só polos lucecocos que son tan raros de mirar na actualidade.
E topei unha pedra enigmática.
 


Como tamén ten o seu aquel a pedra do dinosaurio que Xela quería mirar pasar.

 


Agora toca esperar que volva o tempo de verán para seguir coñecendo cousas e xente como o estranxeiro leitor que bota todo o día nas rochas lendo cos seus dous canciños inseparables.

 


Entón ata outra.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 20:18, 19/07/14 , Anonymous peke dixo...

Precioso post, igual có anterior. Reconforta saber que gozades da vida. Do importante da vida. :)

 
Ás 21:34, 19/07/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Boas férias amigo. Imagino que para Xela tudo seja motivo de descoberta.
Um abraço e bom Domingo.

 
Ás 11:33, 22/07/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pero que fotos abraiantes...!
Vésevos con moita enerxía a todos vós, sempre dun lado para outro. E, polo menos tí, sempre cos ollos preparados para descubrir rarezas e, sobre todo, a beleza.

Que sigas a disfrutar do verán, e desta maravillosa etapa da vida.

(Quen non parece levar unha mala xubilación é o home dos cans e a lectura)

 
Ás 10:25, 11/08/14 , Blogger ictioscopio dixo...

Esa pedra coa inscrición "Coto d'Aldao"... seica andabas polo Morrazo ;) Penso que son marcos das antigas terras do Conde de Aldán.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio