leoeosseus

martes, 1 de xullo de 2014

Rematou xuño

 
Rematou xuño e o costume de roubar cancelas e carros ou o que se tercie por san Pedro vai a menos. Como tamén vai a menos a árbore familiar que perdeu unha póla.

 

 
 
Pero tamén hai novas alegres como a descuberta dun blogo de Tumblr que me fai rir.
En honor a el poño esta foto dun superhéroe galego; Supermán, o que ten a man grande.

E falando de superhéroes que tal está Xela disfrazada de Spiderman ciclista ?.

 
A Xela gústalle pór cousas nos ollos e na cabeza e así tamén se disfraza de nadadora.
 
E agora a ver que trae xullo.

Etiquetas: , , ,

4 comentarios:

Ás 19:21, 02/07/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Por esta Terra do Medio o costume de agochar cancelas e carros dáse na noite de San Xoán.

Xela está feita unha superwoman!!

 
Ás 20:50, 03/07/14 , Anonymous peke dixo...

É incrible o rápido que pasou. Dentro de nada... alá foi xullo. :)

 
Ás 16:59, 06/07/14 , Blogger Raposo dixo...

De momento xullo o que trae e choiva e frio. Onte a noite mesmo parecía novembro. A ver se a cousa do tempo mellora.

 
Ás 11:50, 21/07/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Spiderwoman fai moi ben en levar casco.

(Xa apuntei eu tamén ese blog de Tumblr)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio