leoeosseus

luns, 29 de setembro de 2014

Oito anos ( e máis un día )


E o Leo soprou a candea onte na casa da avoaE e hoxe en Arbo e mañá tócalle cos amigos no Mundo Pirata do ano pasado. De momento recibiu uns walki-talkies, un cómic de Mafalda ( a boa vendedora dixo que era para nenos ), unhas camisolas, uns Playmobil, un xogo de Súper Mario para a Wii, un calendario do Diario de Greg, un libro e unhas libretas e un feixe de bolis para enchelas.
Comparando co ano pasado estamos contentos pola progresión que ten no cole. Agora queda o traballo de facer amizades que é un asunto difícil no caso de Leo pero xa se andará.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 11:42, 29/09/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E o principezinho está bem crescidinho. E porque é que é difícil ele fazer amizade?
Os meus parabéns para ele e um abraço para vós.

 
Ás 22:55, 30/09/14 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

8 anazos! Como pasa o tempo! E que ben lle sentan.
Unha aperta!

 
Ás 15:14, 01/10/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

miro a foto do ano pasado e véxolle cambios na cara. Repito: canto nos medra!
Alégrome contigo por ser san e listo, e vexo que no cole lle vai mellor.

Felicidades para Leo!

 
Ás 14:49, 04/10/14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Parabens amigo Leo. Xa estamos de novo inmersos na rutina.
Vexo que os regalos non fallan.
Carajo! oito anos xa!.
Apertas.

 
Ás 19:10, 04/10/14 , Anonymous peke dixo...

Mira ti o tempo que pasou!!!
Rompín o pulso esquerdo e tiven un verán un pouco amolado. Operarn a miña nai, pillei un mal rollo estomacal e de propina o pulso. Actualizarei en canto poida escribir coas dúas mans. Bicos.

 
Ás 20:41, 04/10/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tempus fugit.
Vaia morea de agasallos. A ver se vai ser verdade o que anda pregoando Mr Rajoy...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio