leoeosseus

sábado, 27 de decembro de 2014

Cuadraxésimo segundo mes ( e mais tres días )


Xela fixo os tres anos e medio con mocos e tos pero sen perder a súa vitalidade. Aplaude e canta tanto na actuación dos " Tres Porquiños " como na de " Xiqui, xoque "  e nos agasallos do Nadal tanto quería os seus coma os de Leo ( menos os libros ).
A fervellica ponnos a andar a todos coas súas peticións e a súa voz potente. Con Leo lévase ben anque pelexan polas cousas e ela chívase cando Leo di ou fai algo malo.
No asunto da alimentación segue case igual: comendo pouco. Na hora de durmir vai ela polo seu gusto á cama. Cun par de contos que lle lean xa dorme pero no medio da noite sempre vai para a cama grande.
É inquieta e xoga con muitas cousas pero o de pintar, esconder cousas e atar é o que máis lle presta.
Ímola virando !.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 13:48, 27/12/14 , Anonymous peke dixo...

Parabéns para ela e para vós.

 
Ás 14:47, 29/12/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois comerá pouco, pero cara bonita e saudable ten!

 
Ás 10:03, 19/01/15 , Blogger matrioska_verde dixo...

canto medraron os nenos!

biquiños
(Aldabra)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio