leoeosseus

luns, 2 de marzo de 2015

No vezo


Empezo marzo metido no vezo. Merco un libro electrónico para Naideleo, un libro para Leo que estaba triste que vai botar uns días sen mirar o curmánF e outros dous libriños para Xela que se atreveu a dicir o outro día que os libros son aburridos e aínda non sabe que quen non quere caldo, sete cuncas. Para min merquei unha batería nova para a cámara e, como non todo vai ser gozo para o espíritu, merquei xarope de arce para tomar no almorzo que nestes días de mollaparvos ben que presta.
A foto é da bolsa que me deu a libreira con chaleque Quechua e riso de axóuxere.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 01:04, 03/03/15 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei amigo.
Deixo um abraço e votos de uma boa semana

 
Ás 12:57, 09/03/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tiraches a casa pola fiestra cos teus vicios!
que boa pinta ese xarope, vese así tan tradicional... e supoño que sabe ben!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio