leoeosseus

mércores, 25 de maio de 2016

Quincuaxésimo noveno mes ( e mais un día )


A xoubiña tira para adiante. Levaba unha boa tempada comendo ben pero estas últimas semanas foron malas para ela con febres e toses e volveu adelgazar. Segue sendo activa e tanto xoga cunha cousa coma con outra. Ata xoga máis con Leo e todo. Gústalle pedir que lle merquen de todo e tamén quere ir a casa de compañeiros da clase. Segue a durmir connosco e máis estando pachuchiña e segue co cueiro de noite anque hai muitas noites que non o molla. Ten mal espertar e sempre hai que andar a correr para que vaia ao cole a tempo.
E xa queda pouco para os cinco anos !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 22:51, 25/05/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Está linda e muito crescida. E quase cinco anos já.
Parece que foi ontem que nasceu.
Um abraço e bom feriado

 
Ás 00:11, 26/05/16 , Blogger paideleo dixo...

Pois será feriado lá en Portugal que por estas terras non é.

 
Ás 19:11, 28/05/16 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Da gusto velos crecer, inda que nos fagan cada dia mais ancians. Por certo nun mes vo ser avo.

 
Ás 10:24, 21/06/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Esta vai ser das de espertar tarde...! Cando sea adulta halle gustar pasar as mañás dos domingos durmindo hahaha

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio