leoeosseus

sábado, 28 de maio de 2016

Tenda ecolóxica


Nestes tempos a xente arrisca para poder vivir dun negocio e abren aquí e acolá novos comercios de roupa, perruquería ou tendas de tecnoloxía. En Vilaguindastre abriu as portas unha tenda de productos naturais e ecolóxicos e animeime a entrar. De momento só merquei cervexa e hai que ver o sabor que teñen as cervexas artesanais !.
Agardo que vaia ben con esta aventura.
E, falando de novidades, o Lidl reformou o seu interior e aparece o idioma galego por todas partes.
É o que digo eu, o xefe le este blogo e aprendeu do tirón de orellas que lle dei.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 12:39, 29/05/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Já não era sem tempo, a Lidl não conhecia o ditado, "À terra onde fores ter, faz o que vires fazer. Se foi para uma terra em que se fala galego tem mais é que usar o galego. Quanto à cerveja, há quem diga muito bem delas, eu não conheço, sou abstémia.
Um abraço e bom Domingo

 
Ás 09:54, 21/06/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois eu creo que todas as protestas e o descontento, termina afectando aos comercios para cambiar o idioma, poque eles o que queren é vender

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio