leoeosseus

luns, 19 de setembro de 2016

Iovai !


Hoxe cruceime co home que repón a máquina das bebidas do traballo e nin mirou para min cando o saudei. Iso fíxome lembrar hai máis de vinte anos cando traballaba na Citroën no turno da mañá. Os traballadores da cadea de montaxe entrabamos ás seis da mañá e os da oficina ( a Casa Blanca ) ás nove. Cando pasaban pola fábrica os oficinistas nin miraban para nós e a xente berráballes: " Ío !. Iovai ! ". Pasaron todos estes anos e descubro no Disionario Morrasense-Jodechincho a entrada Iovai: de " ahí o vai ! " saúda para aquel que pasa de largo sin falar.
Na ilustración que poño o " iovai " sería o home de gafas e bigote.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 16:23, 21/09/16 , Anonymous Anónimo dixo...

Infelizmente, coñezo esa sensación. Aquí hai unha expresión para mostrar como se sente un ao ser ignorado así: "E a min pariume unha cocha!"

 
Ás 23:59, 21/09/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Antigamente todos se cumprimentavam.
Hoje parece que somos invisíveis.
Um abraço

 
Ás 12:16, 23/09/16 , Anonymous peke dixo...

O que hai e moita mala educación.

 
Ás 10:07, 30/09/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

bueno, non vou ler todo o diccionario, pero algunhas expresión que lin non son propias só do "morraso"

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio