leoeosseus

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Non entendo


Collín un almanaque dunha entidade bancaria con fermosas ilustracións. Tamén ten frases con propósitos distintos para cada mes deste ano pero chegando a agosto, mes especial para viaxes; sae unha frase que tardei en entender e non o teño nada claro. Aparece un " dicho " nesa frase galega que sería unha tradución á machada do español " dítelo " que chirría nos oídos. Mesmo o inglés " Remember me " nos cadra ben e sería " Remember myself " para ter sentido.
En fin, creo que necesitan practicar galego e inglés.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 17:27, 19/01/17 , Blogger Raposo dixo...

Entendo que a ilustración está escrita no trilingüismo que tanto gusta a Xunta. E a segunda frase está escrita en castelán.

 
Ás 18:25, 19/01/17 , Blogger paideleo dixo...

É unha opción...
Anque todo está en galego.

 
Ás 23:25, 21/01/17 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fóiselles a pinza. Demasiado castelanparlante (con influencias british) solto...
En fín, alomenons intentárono

 
Ás 12:39, 24/01/17 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pero mesmo en castelán, vin onte nunha entidade bancaria unha frase cun erro de concordancia moi chamativo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio