Sempre Acedre
Un costume de familia que vai callando é a visita a Acedre cada ano por agosto para a comida do patrón. Xuntámonos familia dalá e os que xa nos criamos fóra e falamos doutros tempos e doutra xente.
A memoria doutros tempos vaise ocultando como a vista da estación de Areas que acaba oculta polas árbores que medran coma o esquecemento.
Pero os que che nos veñen atrás van creando novas lembranzas coma Xela coa súa boa letra e os seus debuxos de cans.
Etiquetas: acedre, xelartista I
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio