leoeosseus

venres, 24 de abril de 2020

Centésimo sexto mesario


Segundo mesario de Xela pechada anque semella que dentro dunha semana van poder saír os nenos a un quilómetro á redonda. Poderá chegar á rotonda do canteiro, ao mirador da Risca, Fonteliño e Atios e ata o Rincón de Lola en Cans. A ver se así colle cor que parece enferma de " Lipis ".
Xela leva ben o confinamento. De feito, non quere ir ao cole que non sei que problemas ten cos compañeiros que non quere miralos diante. Vamos, iso di; que cando os teña diante seguro que cambia de idea.
As tarefas do cole lévaas daquela maneira: está bastante asilvestrada e di que o sabe todo.
Definitivamente, ten que saír da casa.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 25/04/20, 17:59 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Este confinamento psicologicamente não é bom para ninguém, muito menos para as crianças.
Abraço e bom fim de semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio